30 nov. 2016

FRANKENSTEIN: MONSTRUOS Y CIENCIA FICCIÓN




    En uno de los grupos de Fendetestas de 1º de ESO hemos acabado de leer una adaptación de Frankenstein, una novela del S. XIX, escrita por Mary Shelley (imaginaos: una mujer escritora en el siglo XIX, cuando se creía que solo podían ocuparse de las tareas domésticas y de criar a sus hijos, casi nada).


     El ambicioso doctor Victor Frankenstein, obsesionado con la idea de dar vida a un ser creado por él con diferentes partes del cuerpo de otros humanos ya muertos, acaba creando un individuo tremendamente desgraciado. Los peligros de la  ambición humana y el rechazo hacia los que son diferentes acaban dominando este relato que ha sido llevado al cine en varias ocasiones. 

     Nos ha servido para reflexionar sobre los errores que los humanos cometemos cada día y que podríamos corregir: muchas veces solo pensamos en nosotros y eso no es correcto. También hemos hablado sobre la ciencia ficción: Frankenstein inaugura un subgénero narrativo que todavía hoy está muy de moda: todos conocemos Star Treck. ¿O no?

      En la tertulia del  último día hemos hablado de monstruos y de su rentabilidad en la literatura y en el cine: el hombre lobo, Hulk, la momia, los espíritus, Drácula... se han sentado con nosotros a la mesa para mostrarnos que la fantasía puede llevarnos a lugares insospechados con extraños acompañantes... Aquí os dejamos un enlace donde podéis ver conocidos monstruos de la literatura y del cine. Para los amantes del séptimo arte, queda también a vuestra disposición un fragmento de una de las  versiones cinematográficas de Frankenstein (1994), correspondiente al momento en que la creación del doctor cobra vida. 



                   https://www.youtube.com/watch?v=EOcJwt8XB4M

19 nov. 2016

O ENIGMA DO MENHIR



  "O enigma do menhir está narrado por unha muller que lembra os terribles feitos acontecidos cando, sendo unha rapaza, decidiu facer unha excursión acompañada dos seus mellores amigos, Rosalía e Carlos, a un lugar chamado Coto do Rei.
 Finalmente só poden ir ela e Carlos e, entre os dous rapaces parece xurdir unha certa atracción.  No seu paseo a Coto do Rei  ven un menhir  e ao seu carón atopan unha poza profunda  rodeada de dez pedras na que se atreven a introducir un brazo. Desa poza saen unha especie de seres misteriosos que despois dun estraño ritual levan consigo  a Carlos. A moza protagonista líbrase de ser capturada grazas a Rosalía, que, asustada pola tardanza dos seus amigos decide pedir axuda e ir na súa procura.
Cando a moza, unha vez recuperada,  regresa á zona onde desapareceu Carlos, atopa unha pequena pedra (a número once) que parece ter esculpido o rostro do seu amigo.


Ata aquí un pequeno resumo que elaboramos os Fendetestas dun dos grupos de 1º ESO. Na posta en común a impresión xeral foi que o conto nos gustou moito a todos aínda que nos pareceu moi fantástico e ata un  pouco incrible. Para case todos  a parte  máis interesante  e emocionante foi o final cando a protagonista regresa ao lugar dos feitos. Tamén comentamos que o desenlace nos resultou  orixinal e sorprendente.
A lectura deste relato  de Agustín Fernández Paz serviunos deunos pé para facer unha pequena investigación que nos permitiu  lembrar ou aprender o que era un dolmen e un menhir. Ambos son monumentos megalíticos funerarios, é dicir, era a forma que tiñan os nosos antepasados de sinalar onde estaban enterrados os seus familiares. Tamén investigamos un pouquiño sobre as lumias  galegas (os seres misteriosos que atrapan a Carlos) que son  moi parecidas ás Korrigans irlandesas ou ás Lamignak de Euskadi. Son seres que viven en covas ou lugares subterráneos, en ocasións baixo dolmens ou menhires.

Idaira, Ánxela, Ángela, José Miguel, Daniel e Abraham de1º ESO A

10 nov. 2016

LEMOS A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


 
Iniciamos o curso tentando facer unha pequena homenaxe  a un dos referentes esenciais para os  clubs de lectura e  as bibliotecas. O escritor vilalbés, falecido este pasado verán, representou coma ninguén o gusto pola lectura e a transmisión dese afán por coñecer historias a través dos libros.  Nas súas obras sempre ocupa un papel relevante a importancia do hábito da lectura; de feito,  as súas páxinas rebordan autores e obras  que os lectores máis sensibles e receptivos poden acoller como as recomendacións que en realidade son.


 As obras de Agustín Fernández Paz son xa un clásico para todos nós.  Podemos pescudar nas entradas deste blog nos últimos anos e alí atoparemos  Cartas de inverno, Trece anos de Branca, As flores radioactivas, Contos por palabras…  Cantas lecturas e  impresións compartidas!


O legado que o autor nos deixou é moi grande e valioso e nós pensamos que a mellor maneira de valoralo é a través da lectura das súas obras. Por iso, comezamos o curso dándolle as grazas da mellor maneira que sabemos e como pensamos que a el lle gustaría.

Un  dos grupos dos  Fendetestas de 1º ESO arrincou coa lectura  de "O enigma do menhir", un relato de misterio incluído en As fronteiras do medo.  Algúns dos veteranos de 3º e 4º de ESO están inmersos nas fermosas historias de  O único que queda é o amor, unha obra que foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2008.

Daremos conta das reunións en vindeiras entradas no blog.