22 abr 2026

PRIMEIRO QUERO LER, DESPOIS IGUAL LEO OUTRO POUCO E SEGURAMENTE ACABE LENDO...

 


Un ano máis festexamos o Día do Libro e, con tal motivo, algúns profesores e a nosa rapazada recoméndamosvos, a partir da experiencia lectora de cadaquén, títulos que vos poden ser ben proveitosos. Que vivan os libros! Que sería de nós sen ese tesouro tan cercano como marabilloso?