23 abr 2019

EXCURSIÓN DO CLUB DE LECTURA


      O 23 de abril celebramos o Día do Libro e os integrantes do Club de lectura aproveitamos esta xornada para facer unha excursión  á cidade da Coruña e visitar a sede da Real Academia Galega e a Casa de Emilia Pardo Bazán. 
 
      Xulia Santiso, a directora  do museo,  recibiunos no salón de plenos da RAG onde nos explicou cando se fundara a institución, cales eran as súas funcións, como se elixían os académicos... Tamén nos falou dalgúns membros da Real Academia moi coñecidos para nós como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey ou Manuel Rivas. Lembrounos algúns dos seus presidentes como Manuel Murguía,  Xesús Alonso  Montero ou o actual, Víctor Freixanes.  Fixo fincapé na importancia da institución como máxima autoridade en cuestións relativas á nosa lingua. Respondeu ás nosas cuestións e contounos moitas curiosidades.


     Na segunda parte da visita accedemos ás dependencias de dona Emilia Pardo Bazán, escritora de obras como La tribuna ou Los pazos de Ulloa.   Da man de Xulia Santiso coñecemos moitos datos biográficos da autora e da época na que viviu. Aprendemos que foi unha auténtica adiantada ao seu tempo e fomos conscientes das limitacións que a  sociedade da súa época lles impoñía ás mulleres.  Para decatármonos dese feito  a directora do museo suxeriu que  todos os rapaces puxeran un incómodo “corsé” no resto da visita, para que puideran, dese xeito, poñerse na pel das mulleres. 

    Puidemos contemplar o escritorio de dona Emilia  e ver antigüidades da época. Rematamos o percorrido lendo entre todos  un relato titulado “Las medias rojas” que nos conmoveu pola triste historia que nos contou e que nos serviu para reflexionar sobre a situación de desigualdade e de inxustiza padecida por moitas mulleres.  Para rematar, pareceunos moi curioso  saber que a denominación do centro comercial Marineda City vén do nome literario que a autora lle dá á cidade da Coruña.

      Volvemos a Curtis despois dun pequeno paseo polas rúas da Cidade Vella, no que tivemos como compañeira unha intensa chuvia que  non conseguiu abafar un  día de intensas aprendizaxes.




EXCURSIÓN CLUB DE LECTURA on PhotoPeach

8 abr 2019

HABLANDO SOBRE MIL SOLES ESPLÉNDIDOS

CHARLANDO CON ANDRÉS NEUMAN


     
       El pasado lunes, 1 de abril,  contamos con la presencia, en nuestra biblioteca,  de Andrés Neuman, un escritor argentino que mantuvo con nosotros un encuentro en el que  charlamos sobre Hacerse el muerto y el microrrelato en general.


 
      Agradecemos infinitamente su visita, así como su trato agradable y cercano hacia nosotros: consiguió que en una hora y media la literatura saliese de los estantes de nuestra biblioteca y cobrase vida a través de sus palabras y de las nuestras. No asistimos a una conferencia al uso, sino a una tertulia amena en la que el escritor supo integrarse e integrarnos  con gran naturalidad: obviamente el resultado ha sido magnífico. No dejó indiferente a nadie.

      En el encuentro el escritor nos dejó opiniones tan aprovechables como estas, tirando siempre de un sentido del humor y de una imaginación incuestionables en él:

 - " La novela es un viaje largo, en el que hago escala, me pierden la maleta, hay que indagar en los planos, hay que descubrir el lugar... El microrrelato es todo lo contrario: una pequeña salida, aquí y ahora."

 - " Cuando se editó nuevamente Hacerse el muerto en los relatos dedicados a mi madre, cambié el español convencional por el español de América: era el que yo usaba para hablar con ella y me pareció más real."

- " Elegí Hacerse el muerto como título porque me parecía que combinaba el juego y el humor con lo más trágico y lo más serio".

- " En un microrrelato el título es fundamental: encierra una información clave".

- "Cesar Vallejo, Virginia Wolf... son escritores que han dejado huella en mi trabajo literario..."

- "En mis microrrelatos está presente lo serio, lo doloroso, lo conflictivo para el ser humano y para la sociedad. Pero también hace acto de presencia el humor. Ambos son necesarios en mi tarea narrativa".

Acabamos el encuentro con la proyección que Andrés Neuman nos mostró  de un videocuento hecho sobre "Las cosas que no hacemos", microrrelato que está entre nuestros preferidos.




Gracias, nuevamente, por abrirnos las puertas de la literatura y dejarnos entrar en ella.

2 abr 2019

NOTRE-DAME DE PARIS


        Nesta ocasión, os alumnos de Francés 1º de Bacharelato leron unha adaptación do libro Notre-Dame de Paris (Nosa Señora de París), de Victor Hugo. Esta obra pareceulles moi interesante, entretida e apaixonante. Na presentación que fixeron, falan sobre o escritor, o libro e as súas impresións. Velaí....



     

UN ÉTÉ À PARIS

    
      Os Fendetestas de Francés de 4º ESO leron neste trimestre unha intriga policial ambientada en París que se titula Un été à Paris (Un verán en París), de Isabelle Darras. Este relato ofrece ademais da historia narrada unha panorámica xeral sobre os encantos turísticos da capital francesa, o Sena, as súas pontes, os seus monumentos, os seus barrios, a súa multiculturalidade…
Como mostra, vede este pequeno vídeo.