30 may. 2012

CARTAS DE INVERNO

Os Fendetestas de 2º ESO neste terceiro trimestre lemos Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Na  última das reunións que tivemos para falar deste libro comentamos que fora a lectura que máis nos gustou de todas. Todos estivemos de acordo en que as historias de intriga son as que máis enganchan e moitos incluso xa remataramos de ler o libro antes da data fixada (non todos, por suposto). Na posta en común  intercambiamos impresións sobre o que máis nos chamou a atención do libro: o cadro que cambiaba, as sopas de letras coas mensaxes, o imprevisible que é o final…

Como esta xa é última lectura deste curso (agora hai que concentrarse nos exames) aproveitamos para falar da experiencia de pertencer ao club de lectura. Moitos dixemos que nos serviu para fixarnos en moitos aspectos das lecturas que antes nos pasarían desapercibidos e que entendemos mellor moitas cousas. Tamén aprendemos a ver que a lectura non é só unha tarefa escolar e que pode ser divertida. Ao mesmo tempo démonos conta de que tipo de libros e de temas nos atraen máis e cales nos interesan menos.

Ata o curso que vén e… moitas e boas lecturas de verán !

Sabela, Andrea, Alberto, Javier, Nazaret, Sergio, Deborah,  Daniel e Patricia.

10 may. 2012

ÚLTIMA TERTULIA SOBRE DIEZ NEGRITOS

      Hoy, en nuestra reunión semanal, los Fendetestas de 4º ESO  hemos valorado la obra de Agatha Christie Diez Negritos: lo que más nos ha sorprendido ha sido la identidad del asesino y sus motivaciones. Lo cierto es que analizado desde el final, parece lógico que el juez sea el responsable de esta maquiavélica historia: su oficio le proporciona información sobre como asesinar y como conocer todo tipo de datos sobre los invitados a la isla.

    Encima de la mesa hemos puesto la cuestión ¿por qué hay diez asesinatos, si lo habitual es que en la novela negra con uno resulte suficiente para crear la atmósfera de intriga y miedo necesaria en este género? Hemos llegado a la conclusión de que esta autora es realmente buena a la hora de escrib: no sólo multiplica por diez los crímenes, sino que los concentra en muy poco tiempo y en un espacio pequeñísimo y cerrado (la isla). ¡Para volverse loco o pedir que te trague la tierra!

    Si os gusta agarraros a los brazos de la silla mientras leéis y mirar por encima del hombro porque alguien... no sabéis quién, se acerca sigilosamente... elegid cualquier novela de Agatha Christie: la intriga, y el miedo, están garantizados.

8 may. 2012

ACERCA DO DOUTOR NOGUEIRA E DOUTROS CIENTÍFICOS UN POUCO ESPECIAIS...



   
Os Fendetestas de 1º ESO lemos durante o mes de abril o libro de Agustín Fernández Paz, O laboratorio do doutor Nogueira: Rosa Novoa, a súa axudante cóntanos quen é este curioso personaxe, empeñado en mellorar a humanidade con invencións que son froito do seu talento como investigador. Como imaxinamos que acontece na vida real, aos éxitos teñen que preceder sempre os fracasos e iso é o que lle pasa ao doutor Nogueira: quere solucinar a calvicie e acaba creando homes lobo, volve aos negros de cor branca, pero ó cabo dun mes, volven á sua cor primitiva...
 
    Resultou ser un libro con dúas importantes cualidades: a brevidade e a intriga en cada historia que conta.

   Serviunos tamén para falar da ciencia-ficción e dos científicos na literatura (Víctor Frankenstein), nos debuxos animados (Dexter e Mandark) e no cine (Rottwang, en Metrópolis).