Os Fendetestas de 1º ESO lemos durante o mes de abril o libro de Agustín Fernández Paz, O laboratorio do doutor Nogueira: Rosa Novoa, a súa axudante cóntanos quen é este curioso personaxe, empeñado en mellorar a humanidade con invencións que son froito do seu talento como investigador. Como imaxinamos que acontece na vida real, aos éxitos teñen que preceder sempre os fracasos e iso é o que lle pasa ao doutor Nogueira: quere solucinar a calvicie e acaba creando homes lobo, volve aos negros de cor branca, pero ó cabo dun mes, volven á sua cor primitiva...
Resultou ser un libro con dúas importantes cualidades: a brevidade e a intriga en cada historia que conta.
Serviunos tamén para falar da ciencia-ficción e dos científicos na literatura (Víctor Frankenstein), nos debuxos animados (Dexter e Mandark) e no cine (Rottwang, en Metrópolis).
No hay comentarios:
Publicar un comentario