27 oct. 2016

CAMIÑANDO DE NOVO...


       
      Un ano máis, o Club de lectura Fendetestas, do IES de Curtis, está xa en funcionamento. E énchenos de satisfacción contar con máis membros ca nunca: somos máis de 70 persoas as que nos xuntamos con periodicidade para charlar sobre o que lemos e para cruzar esas pontes marabillosas que o libro constrúe para saltar máis alá das súas páxinas e da historia de ficción que se recolle nelas.




       Coma sempre, repartimos reunións entre a biblioteca e as aulas e, de momento, cómpre dicir que respiramos entusiasmo sentados arredor da mesa: traemos as maletas cheas de boa disposición, de curiosidade, de ganas de escoitar, de falar e de intercambiar... A viaxe está xa en marcha e, como xa é costume, levaranos unhas veces ben lonxe e outras veces a sitios xa coñecidos, pero dignos de volver a visitar...


  Se queredes, facémosvos un oco... Con nós sempre hai sitio.