Comezamos nova andaina no Club de
Lectura Fendestestas. A ilusión por ler, compartir e intercambiar as nosas
impresións son os intereses que nos unen e que sustentan os obxectivos do
noso club. Somos case sesenta persoas (cinco profesoras e cincuenta e catro
alumnos e alumnas distribuídos en nove grupos) dispostas unha vez máis a mergullarnos no pracer da
lectura, accedendo aos múltiples mundos e historias que os libros nos
ofrecen.
Como novidade, este ano
iniciamos a sección de Cultura Clásica, coordinada por Hortensia Blanco e
a lectura en Francés, guiada por Marisol Taboada. Tamén damos a benvida a
outra nova incorporación ao noso grupo de apaixonados pola lectura:
Sandra Fernández, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Felices e proveitosas lecturas!