19 dic 2019

ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS


Poirot, un detective belga, decide subir al Orient Express, un tren que en invierno suele ir vacío, pero va lleno y su amigo Bouc, director de la línea, le consigue un sitio para que pueda viajar en él e ir a Reino Unido.
Al día siguiente, el detective es trasladando a otro compartimento más cómodo, junto al de un señor llamado Ratchet, al que se encuentra después y este le dice que tiene que protegerlo, que alguien lo quiere matar, pero Poirot se niega. Esa noche el detective no duerme muy bien, porque oye algunos ruidos y a los pasajeros llamando al encargado del tren; además este se ha parado debido a la nieve, que le impide el paso.
A la mañana siguiente, se encuentran al estadounidense muerto, y el detective acepta el caso para no tener problemas con la policía yugoslava. Van al lugar del asesinato y descubren que la víctima, en realidad, se llama Cassetti y es un mafioso, que raptó y asesinó a Daisy Armstrong; y que fue apuñalado doce veces. Pero lo que desconcierta al detective es que las puñaladas son diferentes. A partir de este momento, todos los pasajeros son sospechosos y Poirot comienza a interrogarlos.


Después de los interrogatorios, comienza a analizar todo lo que se ha dicho, y se da cuenta de que hay muchas pruebas en la escena del crimen. Piensa que pueden ser para distraerlo y que todos mienten.
Tras reflexionar sobre todo lo sucedido, encuentra dos soluciones al caso: la primera solución es que un mafioso se subió al tren y se disfrazó, mató a Cassetti y después huyó por la ventana. Esta versión no involucra a ningún pasajero. La segunda es que todos los pasajeros están involucrados y que el asesinato había sido planeado con anterioridad; todos pertenecen o han estado en la familia Armstrong, por lo que quieren vengar la muerte de la pequeña Daisy. Para eso se juntan y deciden matarlo entre los doce, por lo que de noche, lo envenenan y cada uno le da una puñalada, de ahí que todas tengan diferente intensidad .
Finalmente, Poirot opta por presentar a las autoridades yugoslavas la primera solución, salvando así a los doce relacionados con el trágico suceso.

En mi opinión, la obra está muy bien, porque usualmente en las novelas de misterio y asesinatos, el autor siempre va dando ciertas pistas que llevan al lector a decantarse por un personaje en concreto; pero Agatha Christie juega a involucrar a todos los personajes, lo que dificulta que pienses en un asesino en concreto. Habitualmente sus obras provocan una reacción sorprendente al final, al menos en mi caso, ya que lo que menos esperaba es que todos los viajeros estuviesen involucrados en la muerte del mafioso.
Además, para reforzar mi opinión, vi las tres películas basadas es este famoso libro. En ellas se pueden apreciar diferentes cambios, aunque unas se parecen más que otras a la historia original. Una de las diferencias más destacadas es el comienzo de la historia, ya que en la película dirigida por Kenneth Branagh muestra un fragmento del caso anterior de Poirot; otra, dirigida por Sidney Lumet, centra su comienzo en el caso Armstrong, lo que ayuda en cierto modo a unir cabos con lo que sucede posteriormente; y, la más antigua, realizada por Philip Martin, tiene un comienzo parecido al libro. También hay pequeñas diferencias respecto al físico y la personalidad de los personajes, pero no destacan mucho, excepto el personaje de Hércules Poirot. En las películas más antiguas aparece como un señor con bigote, bajo y con barriga; en una de ellas tiene un carácter muy serio mientras en la otra se representa como un señor más simpático. En la película dirigida por Branagh, el personaje cambia radicalmente, ya que se muestra como un señor alto, delgado, con carácter serio y muy meticuloso. En relación con el resto de la historia, hay cambios significativos, por ejemplo la manera en que matan a Cassetti o que en la película se muestra un dinero para la fundación Armstrong, aspecto que no se menciona en el libro.
                                                 Nuria Gómez Gómez 4º ESO

ENDEREZO DESCOÑECIDO

 

      En menos de 70 páxinas, Katherine Kressman, amósanos como a gran amizade existente entre Martin Schulse (alemán) e Max Eisenstein, estadounidense de orixe xudía, se desfai á par que avanza o nazismo. As vidas dos dous amigos, socios nunha galería de arte en California, experimentan un gran cambio cando o primeiro deles decide regresar á súa Alemaña natal. A correspondencia que manteñen dende 1932 ata 1934 vainos narrando o ascenso ao poder de Hitler e a progresiva manipulación ideolóxica que desembocou no terrible holocausto nazi.
      Os Fendetestas de 3º da ESO comezaron a lectura de Enderezo descoñecido atraídos pola brevidade da obra e sen demasiadas expectativas de atopar unha historia interesante. Ao pequeno desconcerto das primeiras páxinas seguiu unha lectura intensa e emocionante que logrou sorprender, conmover e tamén indignar.
      Na sesión que lle dedicamos a comentar o libro de Katherine Kressman contextualizamos a época histórica onde se desenvolve a trama falando da chegada ao poder de Hitler. Lembramos como despois dunha época de crise económica el capitalizou o descontento xeralizado na sociedade alemá e foi elixido como Führer. O libro, utilizando o intercambio epistolar entre os dous amigos, trasládanos aos momentos previos á chegada ao poder do nazismo con Adolf Hitler á cabeza. A acción sitúase na fase final do período de entreguerras tratando de saír da fase da Gran Depresión. Nos EE.UU, despois dun período de bonanza económica, estala a peor crise económica da súa historia, tras o crack de Wall Street en 1929. Mentres, Alemaña continúa asfixiada economicamente e humillada moralmente polos tratados de paz da I Guerra Mundial. Desemprego, fame e miseria teñen atenazados aos alemáns que ven a solución aos seus problemas en Adolf Hitler.
      Tamén comentamos o significado da palabra Holocausto e como pasou a asociarse coa matanza masiva de seres humanos e a ser escrito con maiúsculas despois da II Guerra Mundial. Para darnos unha idea da dimensión da traxedia incorporamos o dato do número de xudeus que foron asasinados nas cámaras de gas: uns seis millóns de persoas (máis do dobre da poboación actual de Galicia). De todos os xeitos este é un dato aproximado, pénsase que é posible que o número aumente ata os once millóns de falecidos.

    
      Despois de contextualizar historicamente a época procedemos a comentar as impresións que a lectura do libro nos deixou. Algúns apuntaron que ao comezo non entendían moi ben a relación entre os dous personaxes pero, a medida que ía avanzando a narración fóronse enganchando coa trama. Cando Martin lle di a Max que non quere seguir intercambiando cartas con el polos problemas que lle pode carrexar a súa amizade cun xudeu este non entende o cambio de actitude do seu amigo. A evolución do pensamento de Martin e a crueldade coa que se comportou con Griselle (a irmá de Max) deixándoa soa ante a súa tráxica sorte provocan un xiro radical. Max comeza a enviarlle unhas mensaxes aparentemente encriptadas para facer crer á censura que o alemán era un traidor. Segundo avanzamos na lectura decatámonos da facilidade de manipulación ideolóxica deste novo líder político que acabará arrastrando a medio mundo a unha nova guerra mundial que deixará unha fonda pegada na historia da humanidade con feitos como o Holocausto xudeu.
      Respecto ao final as opinións foron bastante unánimes: en xeral agradou que se fixese xustiza e que Martin tivese o castigo merecido polo seu cruel e insensible comportamento. De todos os xeitos, algúns comentaron que lles gustaría saber exactamente cal foi o seu destino e se sufriría na mesma medida que el causou sufrimento coa súa actitude. A omisión de axuda a Griselle, a irmá de Max, foi o detonante que marcou o seu alienamento coa causa nazi na súa persecución contra os xudeus. A decepción e a imposibilidade para comprender o seu xeito de actuar foron outro dos aspectos que provocaron máis comentarios. Para rematar podemos dicir que Enderezo descoñecido nos pareceu unha obra moi expresiva, porque consegue, en poucas paxinas, contar unha historia moi completa e amosarnos a personalidade dos personaxes. 
 
      Recollemos algunhas impresións sobre o libro:
Escollín este libro porque tiña moito interese en saber o que pasara na Segunda Guerra Mundial. Ademais chamoume moito a atención o título e a data en que foi publicado. Para min foi unha lectura interesante, entretida, emocionante, triste e intrigante.
                                                                                Ánxela Roca

Este libro pareceume emocionante a pesar da súa brevidade, porque, aínda que é moi curto, logra poñerte en tensión, enfadarte e sobre todo entristecerte. Pareceume moi interesante ver a través das cartas como o personaxe de Martin vai modificando a súa maneira de pensar e acaba odiando ao seu mellor amigo e incluso deixando que maten á súa irmá. 
                                                                                                                     Nuno Couso








16 dic 2019

EL NIÑO EN LA CIMA DE LA MONTAÑA

     
     Os Fendetestas de 2º de ESO escolleron para este primeiro trimestre do curso a novela de John Boyne que leva por título El niño en la cima de la montaña. A elección estivo condicionada pola lectura o curso anterior da famosa novela do mesmo autor O neno co pixama a raias.


 
     El niño en la cima de la montaña cóntanos a historia de Pierrot, un neno que pasa os primeiros anos de vida en Paris onde vive coa súa nai viúva, xa que o pai (un soldado alemán) morrera nun accidente de tren. Alí nace unha amizade íntima con Anshel, un neno xudeu co que comparte xogos e ilusións. Cando falece a nai de tuberculose é enviado a unha casa de acollida onde permanece ata que a irmá do seu pai, Beatrix decide facerse cargo del e levalo a unha luxosa casa de campo onde ela traballa como ama de chaves. A casa é o Berghof, a residencia de vacacións que Adolf Hitler ten nos Alpes de Baviera. 

 
     Pierrot pasará a chamarse Pieter e o cambio de nome será un símbolo que anticipa o que serán os seus pensamentos e ideoloxía. O contacto persoal con Hitler e coa ideoloxía nazi van cambiando o carácter do neno no seu paso da infancia á adolescencia e transformándoo nunha persoa cruel e insensible. Ao final da guerra Pieter regresa a París onde, vendo a realidade dende un punto de vista diferente, consegue atoparse co seu amigo xudeu da infancia.
    Nas reunións que tivemos para falar do libro comentamos que nos interesaba moito a II Guerra Mundial e, coa finalidade de entender mellor o que pasou nesta época tan terrible da nosa historia, fixemos unha pequena investigación sobre Hitler e o Holocausto.


      Así soubemos que Hitler fora maltratado polo seu pai cando era un adolescente, e que dende moi novo tiña interese polos libros de historia e da mitoloxía alemá. Foi elixido como máximo dirixente do Partido Nacional Socialista e, en 1933, foi escollido democraticamente como xefe de goberno. Instaurou unha ditadura, un réxime totalitario onde se exaltaba a superioridade racial. Fixo amizade con outros ditadores como Franco e Mussolini. O seu obxectivo era establecer o poder da Alemaña Nazi en toda Europa. Invadiu Polonia e atopouse coa oposición de Francia e Reino Unido. Comezou así a Segunda Guerra Mundial. Nos dous primeiros anos, Alemaña venceu aos seus oponentes pero, finalmente a Unión Soviética e Estados Unidos derrotaron a Hitler en 1945.
     Tamén investigamos un pouquiño sobre o Holocausto. Foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus europeos. A única causa destas mortes foi a pertenza á raza xudía. A ideoloxía que impulsou a realizar estes asasinatos, foi a de querer conseguir a reestruturación racial de Europa, formando unha “raza pura alemá”, que controlase o mundo.
     Ademais cómpre ter en conta que a persecución e o asasinato dos xudeus non se desenvolveu exclusivamente en Alemaña ou nos distintos campos de exterminio, senón que tamén tivo lugar en Rusia, Europa Oriental e na península balcánica, onde levaron a cabo múltiples matanzas en fosas, bosques, barrancos e trincheiras. Algunhas cifras que se barallan chegan aos once millóns de persoas falecidas.
     Respecto á lectura do libro de John Boyne, todos estivemos de acordo en que é unha lectura moi entretida e intrigante. A pesar de que a acción non é o máis importante consegue manter un ritmo que fai que a lectura sexa moi rápida. O que máis comentarios provocou foi o final. Algúns estaban moi convencidos de que era perfectamente comprensible o cambio de actitude de Pierrot. Outros, pola contra, cuestionaban as casualidades dos encontros e pareceulles un pouco falto de realismo. De todos os xeitos a conclusión final foi que é unha lectura moi recomendable para entender unha época terrible da historia da humanidade que esperamos que nunca se volva a repetir.

12 dic 2019

DEIXE A SÚA MENSAXE...


      A lectura de Deixe a súa mensaxe despois do sinal  de Arantza Portabales deixounos moitas e variadas impresións. As historias de catro mulleres narradas a través das mensaxes deixadas a un contestador telefónico son relatos de soidade e incomprensión.  Marina, Carmela, Sara e Viviana introdúcenos no seu mundo cotiá e conseguen que nos identifiquemos, en maior ou menor medida, cos seus sentimentos.  E, a pesar de que son historias tristes, conseguen que fagamos unha lectura positiva e construtiva que contribúe a ver as circunstancias adversas como un reto do que sempre se pode sacar algo positivo.

   
      O que máis nos chamou a atención foi, sen dúbida, a orixinal presentación das personaxes e o xeito de comunicarse que teñen.  A pesar de que ó comezo pode resultar para algúns lectores pouco atentos un pouco lioso e confuso, rapidamente son individualizadas as catro tramas e adquiren  consistencia. A relación entre elas vaise dosificando paseniñamente conseguindo que as historias adquiran maior emoción e acrecentando o interese pola lectura. Destacou especialmente a implicación coa personaxe de Carmela que representa a vontade de superación e a positividade ante as situacións adversas que a vida  depara.   É, sen dúbida, unha personaxe con luces e sombras que presenta contradicións que lonxe de cuestionar a  súa credibilidade reafirman a súa humanidade e a súa capacidade para errar e recoñecelo.

      Recollemos algúns dos comentarios:
 Deixe a súa mensaxe… conta a historia de catro mulleres que, a aínda estando soas, puideron superar os seus medos  e aceptar o seu destino.
Xoana  Ares
O máis  destacable foi  o segundo significado das historias: o silencio da muller na sociedade, a escasa valoración do que se posúe, a velocidade coa que se pretende vivir ou os abusos sufridos polas mulleres.
 Martín  Pérez
 O libro demóstranos que non todo na vida é sinxelo pero que é necesario loitar polo futuro para conseguir ser felices.
 Yaiza Grandío
A autora trata con moito acerto as relación e os sentimentos  a través dunha linguaxe clara e accesible que achega  o lector a cada unha das protagonistas.
 Lois Couso
 Aínda que o argumento me pareceu moi interesante e a forma de narralo moi orixinal, teño que dicir que  hai certas relación que me parecen excesivamente romantizadas. Creo que o tema da prostitución está un pouco banalizado na obra. A situación nos burdeis é infinitamente peor do que aparece reflectido  na narración.
 Fátima Ramos
A lectura deste libro ensinoume que  a pesar da situación  sempre podemos tentar ser a mellor versión de nós mesmos.
Nadia Fernández
É un libro moi curioso xa que está organizado en  catro historias que trancorren de xeito paralelo nun principio pero que, finalmente, están relacionadas. Tamén me chamou a atención o  medio escollido para  contar as vidas das protagonistas: o contestador. Isto é unha característica común a todas as historias que  lle engade unha gran orixinalidade  á obra.
 María Couceiro

Gustoume moito o orixinal formato escollido pola autora aínda que me  pareceu un pouco complicado de levar a cabo. A forma en que as historias se entremisturan  resultoume moi natural e ben levada, con xeito e sen présas, dunha maneira que consegue sorprender ao lector.
 Marcos Bermejo
Eu destacaría o ritmo e o dinamismo da narración que se relaciona coa brevidade dos capítulos que constitúen cada unha das mensaxes. 
 Mateo Sánchez







     
     
  

13 nov 2019

O QUE ARDE



       O pasado día 23 de outubro visitamos a sala Númax en Santiago de Compostela para asistir  co alumnado de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato á proxección da galardoada  longametraxe de Oliver Laxe: O que arde. 



      A maioría coincidiu en sinalar que, se ben ao comezo resultou un chisco lenta, non  lles pareceu en ningún momento aburrida. Tamén se destacou o feito de que aínda que os diálogos eran breves e concentrados  estaban marabillosamente  ben seleccionados.  Moitas veces os personaxes transmitían moito máis simplemente coas súas miradas e expresións.  O actor e a actriz protagonistas amosaron unha capacidade interpretativa que lles permitiu aos espectadores identificarse cos personaxes de Amador e Benedicta con moita facilidade.  Non foron poucos os que declararon sentirse totalmente cativados pola actitude de amor incondicional da nai que acolle ao seu fillo sen pedirlle ningún tipo de explicación. 

      A beleza das imaxes foi outro dos aspectos que suscitou máis acordo.  Temas como a conservación da natureza ou a minusvaloración do rural  combináronse con reflexións sobre os prexuízos ou a intolerancia. Pero, sen dúbida, o que máis controversia  e debate suscitou foi a culpabilidade ou inocencia de Amador e o  pouco clarificador final (coa desaparición de Luna incluída).
      Cómpre dicir que non foron poucos os que  amosaron a súa sorpresa polo impacto producido por unha película sobre a que non tiñan demasiadas expectativas pero que conseguiu conmovelos dun xeito especial.
       Compartimos algunhas desas impresións:

 A escena inicial da obra conta cun interesante uso dos planos:  contrapicados cando se enfocan os” bulldozer”, resaltando o seu poder ante as árbores, que caen como fichas de dominó  e que, á súa vez, están nun plano picado, que realza a súa indefensión. De repente a música vólvese máis solemne: aparece un tronco vello que parece plantar cara  ás máquinas. Tamén a iluminación escollida pode ter unha razón: o parabrisas reflicte a luz escondendo a face do condutor, desta maneira deshumaniza os vehículos e dálles  un carácter máis monstruoso.
                                                                                                          Fátima  Ramos 1º Bach A
 O que máis me asombrou, sen dúbida foron os diálogos, xa que apenas hai, pero con tan poucas palabras transmítense moitos sentimentos. Un bo exemplo é unha das primeiras escenas cando Amador se reencontra coa súa nai, este saúdaa e o único que ela lle pregunta a modo de resposta é: “tes fame?”
                                                                                                      Elena Naveira 1º Bach A
 A longametraxe O que arde expresa moi ben como é a xente do rural en Galicia  e como  é a súa vida.  Gustoume que se tratase a problemática dos incendios forestais xa que  é un tema que nos afecta  e do que se debería falar máis.
                                                                                                   Pedro Seoane  4º ESO B
É  un filme no que o diálogo se deixa nun segundo plano, mentres que as imaxes e sons destacan conseguindo que o espectador logre empatizar  cos personaxes e a historia.O que menos me gustou foi o final tan aberto que me resultou frustrante non saber como remata a historia. Pero tamén teño que recoñecer que este final foi un logro do director xa que conseguiu facerme pensar.
                                                                                                        Laura Astray  4º ESO A
É unha película que nos fai pensar e nos obriga a recapacitar sobre temas como a vida no campo, os incendios, os prexuízos, a reinserción na sociedade...
                                                                                                         María Conde 3º ESO A
O director non tenta convencernos de nada, nin buscar culpables ou falar de bos e malos. El quere que empaticemos co protagonista e que entendamos que todos  precisamos ser perdoados xa que somos humanos, cos nosos defectos e coas nosas virtudes.
                                                                                                     Nuno Couso 3º ESO A
O máis intrigante de toda a película é sen dúbida o final: a existencia de dúas posibilidades e ningunha resposta que nos explique o sucedido contribúen a chamar a atención do espectador e a promover a reflexión sobre moitos temas. Totalmente recomendable.
                                                                                                    Yaiza Grandío 1º Bach A

Gustoume moito que o actor e a actriz principais non fosen profesionais. Encantoume  Benedicta, unha señora de 85 anos  tan chea de vitalidade e enerxía que se movía como unha moza.
                                                                                                                Ariadna Fernández  3º ESO A

 Queremos rematar esta crónica-recensión da actividade dando as  grazas a Oliver Laxe e a todo o equipo que participou na rodaxe desta longametraxe por ofrecernos unha interesante reflexión sobre a temática dos incendios pero tamén unha lección de vida, respecto e tolerancia.