A neta do señor Linh é unha novela xuvenil de Philippe Claudel, docente
e escritor francés, autor de varias novelas, como As almas grises e O
informe Brodeck. Tamén escribe relatos, ensaios e guións de cine e
televisión, como a película Hai moito tempo que te quero, da que é
guionista e director.
O
señor Linh abandona a súa terra xunto á súa neta Sang Diu, e tras semanas de
viaxe en barco, chega a un país, posiblemente Francia, onde non coñece a
ninguén, e tampouco a lingua que se fala. Ambos, son levados a un piso de
acollida, do que o ancián nunca sae, ata que unha mañá decide facelo. É aí
cando coñece ao señor Bark, que senta xunto a el nun banco, e lle fala mentres
fuma un cigarro, a pesar de non entenderse. Esta situación repítese, ata
formarse unha rutina que os leva a unha bonita amizade. O señor Bark, o señor
Linh e Sang Diu pasan todas as tardes xuntos, ata que un día, os servizos
sociais levan a estes dous últimos a un hospicio o cal non está autorizado a
abandonar. Pero o valor e a determinación do ancián lévano a un inesperado e conmovedor
desenlace.
Como
podemos observar, esta fábula trata principalmente o exilio e a soidade, pero
tamén aborda outros temas secundarios como a amizade e a bondade.
Tamén,
cabe destacar ao personaxe do señor Linh, un ancián que escapa da guerra, motivado
por darlle a unha mellor vida á súa neta Sang Diu, que realmente é unha boneca,
xa que a neta está morta. O feito de que el non vexa esa realidade, pode
recordarnos ó personaxe de Don Quixote, xa que ambos teñen unha loucura, que os
leva a unha realidade paralela, polo que só ven o que a súa mente lles permite.
Por outra parte, o señor Linh tamén é loitador, valente e bondadoso.
Persoalmente,
creo que esta fábula é moi boa, xa que mostra as graves consecuencias dunha
guerra, e como ás veces só necesitamos ser escoitados por alguén. Creo que o
que máis me gustou é que Sang Diu sexa en realidade unha boneca, xa que ao
finalizar a obra, o lector dáse de conta de que durante toda a obra houbo
indicios deste feito, pero que quizais pasaron desapercibidos para nós; polo
que se a volvésemos ler, veríamos que hai coma dous relatos, o que ve o señor
Linh, fronte á realidade.
Recomendaríalla
a calquera persoa, xa que a pesar de ser para un público xuvenil, creo que
podería ser axeitada para todas as idades, xa que nos ensina que debemos ser bondadosos, e loitar
sempre para ter unha vida mellor.
NURIA GÓMEZ (1º BACH A)