25 ene 2022

O AGASALLO DE ANYA

 


    O agasallo de Anya foi o libro de narrativa escollido por outro grupo de alumnos de 1º ESO A e B. Este libro gustoulles moito e deixou unha forte pegada neles. Para as súas recensións as dúas primeiras alumnas utilizaron os rexistros que usan as protagonistas  no libro: o diario e o blog.


    Ola!

    Querido diario, hoxe, día 24 de novembro lin un libro chamado O agasallo de Anya. Chamoume moito a atención porque trata dunha nena que ten un diario onde conta o que lle sucede e o que fai no seu tempo libre. Ao mesmo tempo hai outra nena que tamén fai o mesmo pero usa un blog para expresarse e comunicar como se sente.

    A min non me desagradan este tipo de libros, pero prefiro os libros de intriga e medo xa que me fan pensar moito.

Paula Quintela Casal, 1º ESO B




Vera Castro González, 1º ESO A

 


    O libro gustoume porque é fácil de ler e pola historia que conta. Trata de dúas nenas, unha que vive en Galicia cunha vida desafogada e outra que vive nun país do leste nunha especie de orfanato. Gustoume como a autora vai enfiando as historia dos personaxes, o único que non me gustou foi o final xa que remata aberto.

Lois Blanco Díaz, 1º ESO A


  Ola a todos, preséntome son Ariadna Fernández unha estudante de primeiro curso de secundaria. Hoxe vouvos falar sobre o libro que vos puxen no título.

    Este libro pareceume moi entretido e tamén moi educativo, xa que conta a historia de dúas nenas moi diferentes: Anya que vive nun fogar de acollida e Xiana que vive coa súa familia.

    O que máis me gustou foi o cambio de actitude en Xiana ao decatarse a través da súa mestra, que antes fora mestra no fogar de acollida de Anya, da situación na que vivían eses nenos. Xiana organizou un mercado solidario para recadar cartos e doalos a eses nenos.

Ariadna Fernández, 1º ESO A

 

    O agasallo de Anya é un libro que me gustou bastante, aínda que habitualmente non leo en galego pero este libro é moi entretido e fácil de ler.

    Chamoume moito a atención o papel de cada personaxe, pero aínda máis o final da historia. O momento no que Xiana ao decatarse de que a súa profesora viaxa a un lugar onde os nenos precisan de todo, a cativa decide realizar un evento benéfico para recadar fondos e comprar recursos. Esta parte da historia foi moi emotiva.

    Outra parte que me encantou foi cando a señora maior que pertence á costa do Mar Negro lle regala a Anya a caixiña de conchiñas e pedras con diversas formas.

    Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler.

Daniela Meijide García, 1º ESO A

 

 


OBÉLIX Y COMPAÑÍA

 

    O alumnado de 1º ESO A e B que escolleu como lectura o cómic OBÉLIX Y COMPAÑÍA quedou gratamente impresionado coas aventuras dos famosos galos. Velaí os seus comentarios.


    A min gustoume moito este cómic, ademais non é a primeira vez que leo as aventuras deste dous personaxes. Foi moi divertido ler  e ver as burradas que dicía Obélix. O meu personaxe favorito nesta aventura foi Julio César porque se estaba sempre queixando do que dicía o seu conselleiro.

Ismael Kasmi Ech Chihab, 1º ESO A

 

    Gustoume moito este cómic. Foi a primeira vez que lin as aventuras de Astérix e Obélix. Outra cousa que me gustou foi que a trama era moi divertida, moi creativa e tiña moita forza. Tamén me gustaron moito os personaxes, sobre todo Obélix porque era moi forte, valente e non lle tiña medo a nada.

Javier Sánchez, 1º ESO A


    Gustoume moito o cómic porque é bo de ler e ademais ten imaxes. Nunca lera un cómic e gustáronme todos os personaxes.

Hugo López Pérez, 1º ESO A

 

    Foi a primeira vez que lin un cómic. A verdade é que a min non me gusta moito ler, pero o cómic gustoume moito. Este fíxome moita graza ( O que máis me fixo rir foi cando a Astérix lle caeu unha pedra enriba da cabeza) porque sempre había liortas entre os romanos e os galos.

Tamén vin algunha película destes personaxes na casa cos meus pais e gustáronme moito.

Iván Abad Freire, 1º ESO A

 

    É  primeira vez que leo un cómic e gustoume moito porque me foi fácil de ler, ademais o cómic engancha e non podes parar de lelo.

Adrían Aller, 1º ESO A

 

    No es la primera vez que leo un cómic, pero sí uno de Astérix y Obélix y me ha gustado muchísimo. Lo que menos me ha gustado es que no nos explican para que sirven los menhires. Mi personaje preferido es Astérix y me encanta ese gorro que lleva.

Darío Verea, 1º ESO A

 

    Este cómic me gustó porque reproduce fielmente la película original. En parte me gustó tanto por ver la película.

Recomiendo la lectura de este cómica a las personas que no les gusta leer, ya que es una lectura básica, tiene poco texto, mucha imagen y se puede terminar en una hora. Le doy una puntuación de nueve sobre diez.

Samuel Miragaya, 1º ESO A

 

    Me gustó mucho porque me gustan los cómics. Los personajes son muy fuertes, ganan mucho dinero y se llaman imbécil todo el tiempo. Es muy divertido.

Daniel Fernández Valencia, 1º ESO A

 

    Obélix y compañía es un cómic de humor en el que se narran las divertidas aventuras de Obélix y Astérix. Hay varios libros sobre estos personajes y cada uno relata una historia diferente.

Este libro me gustó mucho porque mis libros favoritos, cómics... son los de temáticas cómicas ya que me gusta pasar un rato divertido leyendo.

Lucía Oliver Fontecoba, 1º ESO B

 

    Es la primera vez que leo un cómic y me gustó mucho ya que me recuerda la época en la que yo era un niño pequeño, de cinco o seis años, y los veía en la televisión.

Oussama Belhaddad, 1º ESO B

 


ASTÉRIX NOS XOGOS OLÍMPICOS

 


    O alumnado de 1º ESO A e B selecionou para comezar a súa andaina no Club de Lectura un libro de narrativa e dous cómics. O alumnado que escolleu Astérix nos xogos olímpicos fixo unha achega moi interesante, como se pode ver nas súas recensións, xa que algúns nunca se enfrontaran á lectura de cómic.


     O cómic Astérix nos xogos olímpicos non foi o primeiro que lin. O meu primeiro cómic foi un de Mortadelo y Filemón que había na barbería de Manuel, en Teixeiro.

    O cómic é bastante divertido, por iso me gustou. O que máis me dificultou a lectura foi que estivese en galego xa que eu estou habituado a ler cómic en castelán.

Andreuw Aguilar, 1º ESO B

 

    Pareceume un bo cómic e gustoume porque é entretido e divertido. Recoméndollo a todo o mundo polas súas divertidas batallas e accións.

Joel Mariño, 1º ESO A

 

    É primeiro cómic que leo e ao comezo non o entendín moi ben, pero logo gustoume moito. Pareceume moi divertido, sobre todo ao comezo que foi cando máis graza me fixo.

Daniel Roca, 1º ESO B

 

    Xa lera algunha das aventuras de Astérix e Obélix pois teño unha colección dos seus cómics. Este non o lera e gustoume moito, resultoume moi entretido. Ademais o tema dos xogos olímpicos é moi divertido.

Hugo Díaz Roca, 1º ESO B