Porque as vacacións ofrécennos a posibilidade de facer o que máis nos gusta...
17 jun 2022
16 jun 2022
TIKTOK SOBRE A EXPLOTACIÓN INFANTIL
O alumnado dun dos grupos de 3º ESO elaborou este TikTok inspirado na lectura de La música del viento de Jordi Sierra i Fabra
15 jun 2022
BELEZA VERMELLA
Karla Rivera (4º ESO) ofrecénos este intrigante booktrailer elaborado a parttir do libro de Arantza Portabales
11 jun 2022
LECTURAS COMPARTIDAS: ENGURRAS E MARÍA E MAIS EU
A banda deseñada foi a opción escollida maioritariamente polos lectores de 4º ESO para este terceiro trimestre do curso. As obras Engurras de Paco Roca e María e mais eu de Miguel Gallardo foron a base dun intercambio de lecturas compartidas nunha sesión conxunta que nos serviu para achegarnos á dúas enfermidades como son o autismo e o alzhéimer.
Os lectores de Engurras contaron como se somerxeron na realidade das residencias da terceira idade a través das imaxes e das historias dos personaxes. Reflexionaron sobre a fraxilidade que caracteriza os anciáns e como desexan o afecto e o contacto cos seus familiares. Asemade decatáronse de como na sociedade actual existe pouca implicación coas persoas maiores e moitas veces son “colocados” nas residencias para non ter que pasar o traballo de coidalos. Desde o punto de vista da técnica narrativa empregada polo autor chamoulles moito a atención como se ía cambiando do plano da realidade ao da percepción das mentes afectadas pola enfermidade.
Os lectores de María e mais eu compartiron as súas impresións sobre este libro que nos achega dun xeito sinxelo ao mundo do autismo a través da historia desta rapaza. O libro ofrece unha interesante información sobre o xeito de comportarse das persoas que sofren esta enfermidade e a actitude (moitas veces pouco comprensiva) que teñen os demais cara a eles. María necesita ter todo programado e ordenado na súa vida para sentirse segura. Deste xeito os pictogramas que lle debuxa seu pai delimitándolle as tarefas cada día sonlle de gran axuda.
Dous libros conmovedores (con senllas versións cinematográficas) que nos permiten achegarnos e entender mellor estas realidades.
O DERRADEIRO LIBRO DE ENMA OLSEN (E A DERRADEIRA ENTREVISTA)
Un dos grupos do Club de Lectura de 4º ESO escollemos para rematar o curso a obra O derradeiro libro de Enma Olsen de Berta Dávila. Algunhas lémola na versión novela e outras na de banda deseñada.
Enma Olsen é unha escritora enferma de cancro que regresa á súa localidade natal acompañada da súa filla para reencontrarse co seu pasado e cun tráxico acontecemento da súa adolescencia que a marcou ao longo de toda a súa vida.
A lectura resultounos impresionante e tamén un chisco desacougante. A idea de facer unha falsa biografía dunha escritora que non existiu é un dos alicientes desta orixinal obra. Falamos da metaliteratura e de como a autora mesturou a realidade e a ficción. As referencias á traxedia do Challeguer ou á descuberta do dinosauro de Faith (cidade norteamericana onde se ambienta a obra) foron feitos reais que serven de fondo á historia de ficción centrada na adolescencia da escritora. Un relato moi alternativo e singular onde aparecen temas como a hipocrisía social, os convencionalismos, o concepto tradicional de familia, a amizade ou a morte. A pesar da súa brevidade, é un libro que reflexiona de maneira moi completa sobre as complexas relacións persoais e as historias que poden marcar a unha persoa para toda a súa vida. Rematamos esta pequena crónica cunha dramatización realizada por Salma Mariño onde se pon na pel de Enma Olsen para ofrecernos a súa derradeira entrevista.
Lucía López, Nerea Varela, Laura Váquez e Salma Mariño
9 jun 2022
ALL ABOUT THE USA (II)
A lectura do libro do All about the USA. Emily Winston (Ed. Burlington) foi o fío condutor das reunións do club de lectura de Inglés.
Aproveitando a estancia do profesor auxiliar americano, Vincent García, somerxémonos na cultura do seu país. Estudamos os aspectos máis xerais sobre a súa historia dende a formación do país ,a súa cultura, tradicións, lugares máis emblemáticos, personalidades importantes, clima e as diferenzas significativas entre uns estados e outros.
Resultou unha actividade moi enriquecedora para localizar e obter información xeral dos diferentes lugares que resultan tan coñecidos. Elaboraron presentacións sobre un estado da súa elección que desenvolveron oralmente. Reproducimos a continuación unha delas centrada no estado de Florida.
ALL ABOUT THE USA
With this book we learnt about the history of America ( the American Civil War, the capital of USA and some of their symbols). In our opinion, the most interesting part of was the chapter about myths and legends (Bigfoot, Johny Appleseed and Blackbeard’s ghost).
Dario Díaz Noya & Daniela Díaz Seijas
I learnt about Martin Luther King. He made a very important speech for the history of the United States. What I liked most was the chapters about myths and legends. But the most interesting part ws that of American holidays and traditions because they are very different.
Alexandra Tomé & Eugenia Sánchez
Laura García, Marta Cao &Uxía López
Nicol Pita
Héctor López