20 dic 2022

A CASA DE MANGO STREET

 A casa de Mango Street é unha obra da escritora estadounidende  Sandra Cisneros. Neste libro recóllense de xeito fragmentario as vivencias e impresións de Esperanza, unha rapaza que vive nun barrio pobre de Chicago.

Cun estilo moi particular e orixinal, ao xeito de viñetas ou historias intercaladas, a protagonista ofrécenos a súa visión da vida e dos habitantes do lugar ao que ela non quere pertencer. Vai pouco a pouco decatándose de que ten que saír do seu barrio para lograr as súas metas.

Os temas que aparecen ao longo da breve novela son: a pobreza e as desigualdades, os roles de xénero, a busca da propia identidade, a encrucillada da adolescencia, o choque de culturas, a marxinación sufrida polas minorías étnicas...

Chaman a atención especialmente dous aspectos que  Esperanza recolle entre as súas vivencias e reflexións: o feito de que moitas mulleres da súa contorna estean “ atrapadas” pola pobreza, pola maternidade adolescente ou pola violencia patriarcal e a educación como única saída para transcender o destino que lles é imposto pola súa orixe.

A mensaxe da obra é asombrosamente clara a pesar do aparente caos no que se estrutura a narración. A fácil lectura aparente agocha un mundo de detalles que ben merecen un detemento co obxectivo de comprender mellor a historia. Pode lerse como un libro de poemas, non ten necesariamente que ter unha orde, nin é necesario lelo todo seguido. Non hai un fío argumental claro porque o libro ofrece unha visión fragmentaria pero cunha mensaxe clara: a denuncia dos roles de xénero das mulleres chicanas e a importancia da educación.

A historia remata co propósito de Esperanza de marchar de Mango Street e co convencemento de que, cando logre os seus soños, regresará para axudar aos demais a cambiar a súa sorte.



 

Lucía Castro, Sabela Martínez,   Alba Couselo, Alba Carro, Antía López, Nerea Varela e Alia Castro

 

MENÚ DE NADAL

 

Que o ano novo veña cargado de saúde, paz e desexos de ler!!!!!!!!!!






19 dic 2022

UN AGASALLO MÁIS ALÁ DAS FRONTEIRAS

     Dúas nenas, unha galega e outra ucraína, que viven a miles de quilómetro de distancia entran en contacto e, a partir deste encontro, as súas vidas mudarán, pero neste caso concreto para mellor. 
Parte do alumnado do Club Lector de 1º ESO A escolleu este libro de Sabela Núñez Singala. A lectura encantoulles e esta historia, hoxe tan actual, deixou unha forte pegada nas xoves lectoras.
     " O libro gustoume moito e para min ten un significado moi importante. É un libro que ten moitos valores e tamén nos ensina como viven noutros lugares do mundo. Eu este libro volvería lelo", di Noa Cases Prado.
     " Este libro pareceume moi divertido e entretido xa que me encantan os distintos puntos de vista das nenas: a que escribe no diario e a que escribe no blog. Outra cousa moi interesante é a empatía que ten Xiana cos nenos e as nenas do fogar. En conclusión, recomendo moito este libro para todas idades e volvería ler máis libros coma este" comenta Silvia Castro Vázquez.
" Este é un libro moi entretido que conta unha gran historia e recoméndoo moitísimo", di Noa Sánchez Carro e Lucía Villamor.



14 dic 2022

12 dic 2022

LECTORES OLÍMPICOS

    Unha parte do alumnado de 1º ESO A leu neste primeiro trimestre un cómic de Astérix e Obélix. O cómic titúlase Asterix nos xogos olímpicos. 

    No ano 50 antes de Cristo a Galia estaba ocupada polos romanos que se seguían resistindo ao invasor. Nesta ocasión os irredutibles galos vivirán unha aventura en Grecia, alí participarán nos xogos olímpicos coa intención de derrotar os romanos, pero as cousas complícanse cando saben que non van poder usar a súa famosa poción máxica.

    O alumnado gostou moito da lectura, tanto que escolleron seguir lendo cómic no segundo trimestre. Velaí van algúns dos seus comentarios sobre esta lectura.







7 dic 2022

A VOLTAS CON SENLLEIRAS

 

 Laura Vázquez de 1º Bach comparte unha presentación realizada sobre a obra de Antía Yáñez 

5 dic 2022

ENCONTRO LITERARIO


 

2 dic 2022

MULLERES SENLLEIRAS

 

Seguimos cos traballos realizados polo alumnado sobre o libro Senlleiras de Antía Yáñez.  Nesta ocasión, Salma Mariño realiza unha videorecensión onde nos convida a ler esta historia de mulleres senlleiras que non merecen ser esquecidas.

 



SENLLEIRAS (booktrailer)

  

O vindeiro 7 de decembro recibiremos no noso centro á escritora Antía Yáñez coa que falaremos da súa obra Senlleiras. 

Compartimos dous traballos realizados en formato booktrailers de Pablo Astray e Gloria Iglesias (1º Bach)