O alumnado de Portugués do Club de Lectura Fendetestas vén de realizar un pequeno traballo de investigación sobre Celeste Caeiro. Ela foi a muller que tivo o pequeno xesto de dar un carabel a un soldado dando nome á revolución pacífica que rematou coa ditadura en Portugal o día 25 de abril de 1974: A Revolução dos Cravos ou Revolución dos Carabeis.
Celeste faleceu recentemente, mais este ano aínda puido participar nas celebracións do 50 aniversario deste día tan importante na historia de Portugal.
A reflexión sobre a importancia dos xestos de xente anónima na historia da humanidade levounos a falar de Rosa Parks (a primeira muller negra que se negou a ceder o seu asento no autobús a unha persoa de raza branca) e a comparala coa fermosa historia de Celeste Caeiro.
Máis información sobre Celeste Caeiro neste enlace.