Antía Seijas (1º Bach A ) comparte as impresións (recensión e fotografía) sobre a súa lectura de O vixía no centeo de J. D. Salinger.
O vixía no centeo (título
orixinal: “The Catcher in the Rye”),
é unha obra do autor estadounidense J.D. Salinger, coñecido
principalmente por esta novela,
que se converteu nun clásico da
literatura moderna do seu país case dende o mesmo momento da súa
publicación en 1951. Como datos sobre a súa persoa, participou na
segunda guerra mundial no bando americano e esta foi a súa única
novela, se ben escribiu numerosos relatos cortos, moitos
influenciados polas súas vivencias. A editorial da primeira edición
do
libro
foi
Little,
Brown
and
Company,
a
do
meu
exemplar
(2001, tradución da obra ao
galego), Xerais.
Esta
novela
narra
dende
o
punto
de
vista
do protagonista,
Holden Caulfield, e de forma
subxectiva e coloquial como é propio da mocidade, o que lle ocorre a
este tras a fuxida do seu elitista colexio e a súa posterior
estancia en
Nova
York.
Holden
aporta
numerosas
análises
da
vida
e
da
sociedade
do seu redor,
enfrontándose
a temas que
preocupan a
todos
os mozos,
como os valores, a sociedade, o
amor, a amizade... Todo isto de xeito humorístico e en primeira
persoa, co que o autor consegue que o lector ou lectora realmente
comprenda e
se identifique co seu personaxe,
inconformista, nervioso e cunha personalidade moi peculiar.
Persoalmente, desfrutei moito con esta lectura,
seguindo os pasos e os pensamentos de Holden, quen a pesar de ser un
rapaz dos anos cincuenta consegue que realmente te recoñezas a ti
mesmo nos seus pensamentos e reflexións como adolescente, que case
sempre fai dende un punto de vista retranqueiro
e
ocorrente.
A
lectura
irradia
ao
meu
parecer
un
sentimento
de disparidade respecto á sociedade
ou contorna, algo que todos sentimos algunha vez nas nosas vidas,
pero véndoo como algo bo e alentando a non seguir sempre ao “rabaño”
por medo ao rexeitamento ou por
costume, senón a
ser como un é ou como mellor
se sinta,
se
ben
non
se deben levar estes ideais a un
extremo separatista
Recomendaría a obra a todos os adolescentes que
estean pasando por unha etapa dura da súa vida e se sintan
diferentes, pero tamén aos que non, xa que
poderían
atopar
un
novo
sentido
ás
súas
crenzas
e
actos,
ou
redefinir
o seu estilo de vida cara a un máis
relaxado e no que non importen só as aparencias.