30 abr 2010
SOBRE LITERATURA Y OBSEQUIOS...
En la sesión de esta semana hemos dialogado sobre el joven Holden Caulfield, protagonista de El guardián entre el centeno: ¿edad, aficiones, forma de actuar, psicología, estudios...? Poco a poco hemos ido dibujando unas cuantas líneas de aproximación a un personaje que está llamando mucho la atención de los Fendetestas. Hemos aprovechado también para hablar de la apropiada perspectiva de la novela: el relato en primera persona acentúa la sensación de veracidad y realismo del discurso de un adolescente perdido en el océano de la desorientación.
Durante la sesión, Carlos Blanco ha regalado a todos los miembros del club un marcapáginas diseñado por él: como podéis ver toma como motivo la obra con la que disfrutamos estos días.
24 abr 2010
A QUE LLE TEME NURIA?
Isto do medo é un mundo! Que cada quen expoña de xeito razoado os seus temores estanos resultando moi útil para coñecernos mellor dentro do grupo. Nuria tamén nos trouxo imaxes dos seus temores... Fermosísimas, xa vedes. Ah! Estamos, ao tempo, lendo capítulos de El guardián entre el centeno. Xa vos contaremos.
MARÍA FÁLANOS DOS SEUS MEDOS
13 abr 2010
OS NOSOS MEDOS...
Remataron as vacacións: os Fendetestas veñen novos, pletóricos, cheos de enerxía... Adicamos unha parte da primeira sesión do trimestre a mergullarnos nas novidades de lectura que ofrece a biblioteca Sarmiento, que non teñen desprezo (xa vos mostraremos as fotos en próximas entradas). Retomamos a obra de Xabier Docampo: o título vén da concorrencia de elementos temáticos e situacionais nos contos: a noite, o feito de buscar refuxio tras unha porta na escuridade e o medo...
Empezamos a falar dos medos de cada un, pero a pouco nos deu tempo, velaquí algúns dos nosos temores. Seguimos a semana vindeira. Ah! Imos empezar a ler El guardián entre el centeno. Animádevos e lede con nós: seguro que poñemos enriba da mesa discusións ben interesantes.
TEMOS MEDO Á SOEDADE, Á DOR, Á MORTE...
Empezamos a falar dos medos de cada un, pero a pouco nos deu tempo, velaquí algúns dos nosos temores. Seguimos a semana vindeira. Ah! Imos empezar a ler El guardián entre el centeno. Animádevos e lede con nós: seguro que poñemos enriba da mesa discusións ben interesantes.
TEMOS MEDO Á SOEDADE, Á DOR, Á MORTE...
UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS...
Ainda que estamos escribindo en abril, sabede que esto que vos contamos fixémolo na derradeira semana de marzo e na anterior á publicación desta entrada: estivemos un pouco atarefados no diálogo e noutros traballiños relacionados co libro de Docampo. Agora vos contamos: antes de marchar de vacacións - que ganiñas tiñamos!- adicamos unha sesión a falar sobre o relato oral (cantos recordos dos avós!), sobre a afortunada decisión de usar o relato en 1ª persoa no caso do libro que nos ocupa, sobre os personaxes (cadaquén elixiu o que lle pareceu máis atractivo e xustificou a súa resposta), sobre os elementos que confiren terror ás diferentes tramas... e velaí que rematamos falando do...¡ REALISMO MÁXICO!
Nas vacacións imos cargar as pilas... e, de paso, imos pensar na razón do título da obra e imos elaborar un documento verbo-icónico sobre os medos de cada un de nós, que despois haberá que presentar de xeito oral ao resto dos membros do club. A ver que sal de aí. Falaremos á volta.
UNHAS DOSES DE MEDO: CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE...
Atendendo ós gustos dos fendetestas, imos pechar o trimestre coa lectura de Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo. Durante a lectura iremos fixándonos na técnica narrativa, nos elementos que crean suspense ou terror, nas pegadas do relato oral e tradicional, na riqueza dos personaxes... Ah! Mellor ir lendo polo día, por se acaso...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)