13 abr 2010

UN CONTO, DOUS CONTOS, TRES CONTOS...


Ainda que estamos escribindo en abril, sabede que esto que vos contamos fixémolo na derradeira semana de marzo e na anterior á publicación desta entrada: estivemos un pouco atarefados no diálogo e noutros traballiños relacionados co libro de Docampo. Agora vos contamos: antes de marchar de vacacións - que ganiñas tiñamos!- adicamos unha sesión a falar sobre o relato oral (cantos recordos dos avós!), sobre a afortunada decisión de usar o relato en 1ª persoa no caso do libro que nos ocupa, sobre os personaxes (cadaquén elixiu o que lle pareceu máis atractivo e xustificou a súa resposta), sobre os elementos que confiren terror ás diferentes tramas... e velaí que rematamos falando do...¡ REALISMO MÁXICO!


Nas vacacións imos cargar as pilas... e, de paso, imos pensar na razón do título da obra e imos elaborar un documento verbo-icónico sobre os medos de cada un de nós, que despois haberá que presentar de xeito oral ao resto dos membros do club. A ver que sal de aí. Falaremos á volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario