Un dos grupos dos fendetestas de 1º de ESO, vimos de ler un fermosísimo conto incluido no libro Contos para Manuela, do lalinense Mario Pereira.

- No primeiro, a pedra sela ve como a obsesión por ser cada día máis fermosa, acaba murchando a carriza que medra sobre ela. Filipe xa non a quere.
- No segundo, as figuras do Belén marchan para o balado no que está a pedra, atraídas pola súa beleza.
- No terceiro, Filipe atopa no sobrado da súa casa unha foto da avoa: unha mestra republicana rapada e represaliada polo bando franquista. De súpeto, ve a imaxe da cabeleira da avoa na carriza da pedra e, cheo de emoción, vai cortarlle só un anaquiño...
Velaquí as nosas opinións:
Velaquí as nosas opinións:
-A min gustoume o segundo final porque o rapaz abriu a caixa e só atopou tres pezas: as demais marcharan para a "casa" da pedra sela. É un final alegre!

- O conto móstranos o importante que é a tolerancia para convivir en paz: Filipe é un exemplo do importante que é non impoñer sempre o que un pensa ou desexa.

Fátima, Elena, Ainoa, Noelia, María, Uxía, Saray, Óscar, Brais e Iván

No hay comentarios:
Publicar un comentario