21 dic 2017
METAMORFOSIS, OVIDIO
Parabéns para Fátima Ramos de 3º ESO B, que nos agasalla con este fermosísimo romance!
20 dic 2017
CLUB DE LECTURA DE 1º ESO
Hoxe,
día 20 de decembro, reunímonos os alumnos e alumnas de 1º da ESO
para intercambiar opinións sobre os relatos que lemos: "O
xigante egoísta" e "O reiseñor e a rosa", do libro O
príncipe feliz,
de Óscar Wilde.
Estes
contos, que falan do amor, a compaixón e a xenerosidade
encantáronnos.
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
Esta semana reunímonos os Fendetestas de 3º da ESO para falar de O neno na cima da montaña, de John Boyne.
Vimos tamén un vídeo cunha entrevista ó autor na que este fala sobre como xorde a idea que inspirou a novela, sobre o protagonista, etc. Entre todas as ideas que trata destacamos a da vulnerabilidade da mocidade ante as ideas dos adultos, e como a mente dos rapaces e rapazas, que está aínda afianzándose na súa madurez, pode cambiar se se ve influída por determinadas persoas. É o caso de Pierrot con respeito a Hitler na nosa historia.
Despois de comentar o final da novela e as nosas impresións, quedounos claro que nos gustou moito e que aprendemos sobre a amizade, pero tamén sobre a represión e o dogmatismo, resaltando a importancia de que os mozos e mozas poidan forxar a súa propia personalidade e ideoloxía en liberdade.
13 dic 2017
A NETA DO SEÑOR LINH
O libro ofrece dúas lecturas posibles: unha inicial, onde determinados aspectos da historia parecen non encaixar completamente e, unha segunda na que o sorprendente final ofrece unha reinterpretación totalmente coherente. Preferimos non desvelar a sorpresa, que lle engade un valor incuestionable á historia, dado que algúns dos fendetestas lectores desta obra non se decataron do feito en cuestión ata a sesión onde se realizou a análise conxunta.
Jin Lei Dong recoméndanos esta obra de Philippe Claudel a pesar de que lle pareceu tremendamente triste e conmovedora. Velaquí as súas palabras: A lectura produciume moitos sentimentos negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería, sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito implica. Como emigrante que son sentinme moi identificado coa temática do libro e co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran poñerse no lugar dos que sofren.
Non deixedes de ler esta crúa e fermosa reflexión sobre a soidade, o exilio, as guerras, a vellez... pero tamén sobre a amizade que simboliza, sen dúbida, unha luz na escuridade. Un canto á esperanza.
30 nov 2017
O PRINCIPIÑO
Os fendetestas de francés quixeron compartir nesta última xuntanza do Club de Lectura, algunhas das súas impresións sobre este relato:
- “É un libro que custa entender ao principio, pero ó final acaba por engancharte e faite reflexionar sobre conceptos como o amor e a responsabilidade, sentimentos que o Principiño amosa cara a súa flor”.
- “É un libro surrealista, filosófico e bastante complicado de ler”.
- “A mín particularmente, gustoume moito, encantoume a historia da visita do Principiño ao bebedor porque me parece moi significativo que un neno reaccione desta maneira ao ver unha persoa ebria. Ademais, paréceme bonita e intrigante a vida do autor (Antoine de Saint- Éxupéry) posto que, de algún xeito, o seu pasamento está en relación co que acontece no libro.”
Rematamos estas pinceladas achegadas polos alumnos de 4º ESO B, cunhas citas literarias moi fermosas que relatan o segredo do raposo (figura importante no libro):
- “On ne voit bien qu’avec le coeur. L’essentiel est invisible pour les yeux».
(Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos)
- «C’est le temps que tu as perdu pour ta rose qui fait ta rose si importante».
(É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante)
- «Tu deviens responsable pour toujours de ce que tu as apprivoisé».
(Es responsable para sempre daquilo que domesticaches)
- “É un libro que custa entender ao principio, pero ó final acaba por engancharte e faite reflexionar sobre conceptos como o amor e a responsabilidade, sentimentos que o Principiño amosa cara a súa flor”.
- “É un libro surrealista, filosófico e bastante complicado de ler”.
- “A mín particularmente, gustoume moito, encantoume a historia da visita do Principiño ao bebedor porque me parece moi significativo que un neno reaccione desta maneira ao ver unha persoa ebria. Ademais, paréceme bonita e intrigante a vida do autor (Antoine de Saint- Éxupéry) posto que, de algún xeito, o seu pasamento está en relación co que acontece no libro.”
Rematamos estas pinceladas achegadas polos alumnos de 4º ESO B, cunhas citas literarias moi fermosas que relatan o segredo do raposo (figura importante no libro):
- “On ne voit bien qu’avec le coeur. L’essentiel est invisible pour les yeux».
(Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos)
- «C’est le temps que tu as perdu pour ta rose qui fait ta rose si importante».
(É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante)
- «Tu deviens responsable pour toujours de ce que tu as apprivoisé».
(Es responsable para sempre daquilo que domesticaches)
18 nov 2017
CONTAMOS CONTOS DE MEDO
As fronteiras do medo de Agustín Fernández
Paz e As mans do medo de Xosé Miranda
foron o punto de partida da andaina do noso club para os rapaces e rapazas de
2º ESO. Na primeira xuntanza realizamos unha sesión de contacontos baseada
nestas lecturas. Tentamos así recuperar a vella tradición da literatura popular
de transmisión oral, a dos contos narrados á calor da lareira.
Para
desenvolver esta actividade, cada un escolleu o relato que máis lle gustou e, a
continuación, desenvolveu as súas dotes de contador ou contadora tendo aos
compañeiros e compañeiras como auditorio. Ángela Doval relatounos unha historia dunha misteriosa casa onde había
un pozo asociado cunha estraña desaparición.
Nerea Pérez levounos a Transilvania cun inquietante conto de
vampiros. Paula Sánchez relatounos unha
historia cun final sorprendente titulada “Os fillos de Hamlet”. Brais Castro e Dalvin Peña contáronnos a
experiencia dun home que unha noite notou
como alguén lle arrincaba as entrañas do peito.
Na sesión de
contacontos falamos tamén da relación da
literatura de terror co cinema. Lembramos
versións cinematográficas de clásicos da literatura universal e
comentamos estreas recentes como It (baseada
nun libro do escritor Stephen King).
Nunha segunda reunión acordamos analizar o relato que dá título ao libro
de Xosé Miranda: As mans do medo.
Todos estivemos de acordo en valoralo
positivamente e en cualificalo
como un pouco desagradable, desacougante
e ata noxento. Fixámonos nunha técnica presente no conto que se relaciona coa
literatura de transmisión oral: as continuas chamadas ao lector para captar a atención e favorecer a súa implicación emocional na historia. Falamos dunha
referencia literaria presente ao longo de toda a narración: Frankestein. A mención a esta obra clásica da literatura universal está relacionada co argumento do conto: un
home atopa unhas mans humanas que parecen estar vivas e que dominan a mente do protagonista ata que
conseguen ser implantadas no seu corpo. Tamén nos chamou a atención o final, que
deixa aberta unha continuación do relato
moi inquietante. Comentamos esta
técnica moi utilizada na literatura de misterio, e reflexionamos sobre o feito
de que resulta máis desacougante non contar exactamente como remata a historia
deixando que os lectores imaxinen o seu propio desenlace.
Etiquetas:
2º ESO,
Agustín Fernández Paz,
Xosé Miranda
1 nov 2017
ESTAMOS A LER...
Iniciamos
curso introducíndonos de cheo no Samaín
e deixándonos levar pola maxia do
misterio. Comezamos coa lectura dun clásico da literatura universal: Frankestein de Mary
Shelley (1º da ESO) e cunha selección de As fronteiras do medo de
Agustín Fernández Paz e dos inquietantes contos que Xosé Miranda
nos ofrece en As mans do medo (2º da ESO). Os membros máis novos do noso club completan lectura
inicial co relato “Las babuchas
fatídicas” extraído de Las mil y una noches.
Os rapaces
e rapazas de 3º da ESO mergulláronse na lectura de dúas obras que colleitaron
grandes éxitos no noso club: Clara dice
de Carlos Roncero e El niño en la cima de
la montaña de John Boyne. Os perigos das amizades a través de Internet e a vulnerabilidade dos adolescentes
ofrecerán, sen dúbida, moitos temas de conversa nas sesión de análise da obra
de Roncero. O libro de Boyne (autor de O neno do pixama a raias) transportaraos
á época da 2ª Guerra Mundial, deixando
unha desacougante visión sobre os perigos das ideoloxías.
Un
dos grupos de 3º da ESO de Cultura Clásica están a ler Ana y la
Sibila de Antonio Sánchez Escalonilla. Este libro narra a historia dunha rapaza chamada Ana que, mentres contempla
fascinada os frescos da Capela Sixtina, recibe una chamada de auxilio da Sibila
de Cumas. A partir de aquí, a protagonista, co seu compañeiro Mario e coa axuda do gardián
do edificio viaxarán ao pasado para intentar liberar a Sibila do seu horrible
destino: vivir mil anos. Outra das lecturas propostas para este grupo é Metamorfosis
de Ovidio, un libro que relata historias míticas nas que os protagonistas se
transforman en árbores, animais, rocas... Nelas, o autor intenta, en xeral, mostrar
as debilidades do ser humano.
Os Fendetestas de Francés entrarán de cheo na maxia dun clásico
da literatura universal: Le Petit Prince
de Antoine de Saint-Exupéry. O amor, a amizade e o sentido da vida son algunhas das reflexións que contén esta fermosa historia que engaiolou e engaiola a lectores de todo o mundo.
Para rematar
esta toma de contacto, os rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato
comezaron a lectura dunha fermosa historia que os vai facer meditar sobre a
cruel realidade dos exiliados: A neta do
señor Linh de Philippe Claudel.
12 oct 2017
UN ANO MÁIS
Comezamos nova andaina no Club de
Lectura Fendestestas. A ilusión por ler, compartir e intercambiar as nosas
impresións son os intereses que nos unen e que sustentan os obxectivos do
noso club. Somos case sesenta persoas (cinco profesoras e cincuenta e catro
alumnos e alumnas distribuídos en nove grupos) dispostas unha vez máis a mergullarnos no pracer da
lectura, accedendo aos múltiples mundos e historias que os libros nos
ofrecen.
Como novidade, este ano
iniciamos a sección de Cultura Clásica, coordinada por Hortensia Blanco e
a lectura en Francés, guiada por Marisol Taboada. Tamén damos a benvida a
outra nova incorporación ao noso grupo de apaixonados pola lectura:
Sandra Fernández, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Felices e proveitosas lecturas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)