O libro ofrece dúas lecturas posibles: unha inicial, onde determinados aspectos da historia parecen non encaixar completamente e, unha segunda na que o sorprendente final ofrece unha reinterpretación totalmente coherente. Preferimos non desvelar a sorpresa, que lle engade un valor incuestionable á historia, dado que algúns dos fendetestas lectores desta obra non se decataron do feito en cuestión ata a sesión onde se realizou a análise conxunta.
Jin Lei Dong recoméndanos esta obra de Philippe Claudel a pesar de que lle pareceu tremendamente triste e conmovedora. Velaquí as súas palabras: A lectura produciume moitos sentimentos negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería, sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito implica. Como emigrante que son sentinme moi identificado coa temática do libro e co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran poñerse no lugar dos que sofren.
Non deixedes de ler esta crúa e fermosa reflexión sobre a soidade, o exilio, as guerras, a vellez... pero tamén sobre a amizade que simboliza, sen dúbida, unha luz na escuridade. Un canto á esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario