21 dic 2017
METAMORFOSIS, OVIDIO
Parabéns para Fátima Ramos de 3º ESO B, que nos agasalla con este fermosísimo romance!
20 dic 2017
CLUB DE LECTURA DE 1º ESO
Hoxe,
día 20 de decembro, reunímonos os alumnos e alumnas de 1º da ESO
para intercambiar opinións sobre os relatos que lemos: "O
xigante egoísta" e "O reiseñor e a rosa", do libro O
príncipe feliz,
de Óscar Wilde.
Estes
contos, que falan do amor, a compaixón e a xenerosidade
encantáronnos.
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
Esta semana reunímonos os Fendetestas de 3º da ESO para falar de O neno na cima da montaña, de John Boyne.
Vimos tamén un vídeo cunha entrevista ó autor na que este fala sobre como xorde a idea que inspirou a novela, sobre o protagonista, etc. Entre todas as ideas que trata destacamos a da vulnerabilidade da mocidade ante as ideas dos adultos, e como a mente dos rapaces e rapazas, que está aínda afianzándose na súa madurez, pode cambiar se se ve influída por determinadas persoas. É o caso de Pierrot con respeito a Hitler na nosa historia.
Despois de comentar o final da novela e as nosas impresións, quedounos claro que nos gustou moito e que aprendemos sobre a amizade, pero tamén sobre a represión e o dogmatismo, resaltando a importancia de que os mozos e mozas poidan forxar a súa propia personalidade e ideoloxía en liberdade.
13 dic 2017
A NETA DO SEÑOR LINH
O libro ofrece dúas lecturas posibles: unha inicial, onde determinados aspectos da historia parecen non encaixar completamente e, unha segunda na que o sorprendente final ofrece unha reinterpretación totalmente coherente. Preferimos non desvelar a sorpresa, que lle engade un valor incuestionable á historia, dado que algúns dos fendetestas lectores desta obra non se decataron do feito en cuestión ata a sesión onde se realizou a análise conxunta.
Jin Lei Dong recoméndanos esta obra de Philippe Claudel a pesar de que lle pareceu tremendamente triste e conmovedora. Velaquí as súas palabras: A lectura produciume moitos sentimentos negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería, sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito implica. Como emigrante que son sentinme moi identificado coa temática do libro e co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran poñerse no lugar dos que sofren.
Non deixedes de ler esta crúa e fermosa reflexión sobre a soidade, o exilio, as guerras, a vellez... pero tamén sobre a amizade que simboliza, sen dúbida, unha luz na escuridade. Un canto á esperanza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)