31 mar 2019
12 mar 2019
ANDREA MACEIRAS
O vindeiro luns, 18 de marzo,
faremos un alto entre exame e exame para manter un encontro literario coa
escritora Andrea Maceiras.
Esta será a segunda vez que teñamos a honra de recibila no noso centro,
pois xa estivo no IES de Curtis fai uns anos para falarnos de O segredo do lagarto arnal.
Nesta ocasión, o alumnado de 3º da ESO asistirá a unha sesión dedicada á
obra Europa Express. Posteriormente a
rapazada do Club de Lectura de 4º ESO e 1º de Bacharelato compartirá impresións
coa autora sobre a súa última novela: O
que sei do silencio.
11 mar 2019
O VIXÍA NO CENTEO
Algúns compoñentes do Club de Lectura nunca
deixan de formar parte do mesmo aínda que non figuren na listaxe de membros
"oficiais". Falamos, por exemplo, de alumnos e alumnas que
chegan a 2º de bacharelato e se ven absorbidos polo intenso ritmo de traballo do curso. A pesar diso,
tentan buscar un oco na súa atarefada axenda para evadirse do traballo
experimentando o pracer da lectura. Este feito alégranos e tamén nos enorgullece un pouquiño en canto que pensamos que fomos quen de axudar minimamente a prender a chama da curiosidade e do goce pola literatura.
Laura
Míguez (La Laurateca) comparte a súa interesante e profunda análise de O
vixía no centeo no marco da celebración do aniversario do nacemento.
Podedes atopar máis información sobre a obra, o seu autor, circunstancias que rodearon a publicación e varias curiosidades na presentación
elaborada polo alumnado e o equipo de Curtisbiblio neste enlace: Homenaxe a J. D. Sallinger.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)