23 mar 2023

ACABADORA (BOOKTRAILER)

 

    Alba Couselo achéganos a súa interpretación visual sobre a obra de Michela Murgia en formato de booktraíler.



ACABADORA OU O DEREITO Á MORTE DIGNA

 

     A novela de Michela Murgía titulada Acabadora conta a historia de Bonaria Urrai, unha muller que adopta unha nena chamada María nunha pequena poboación de Sardeña na década dos 50. A “adopción” é un acordo ao que chega coa familia para encargarse da pequena da que a nai biolóxica se desentende por dificultades económicas. Era unha “filla de ánima”, é dicir, un deses “nenos xerados pola pobreza dunha muller e pola esterilidade da outra”.

    Mais o tema esencial desta novela non se basea só na relación entre a filla e a nai adoptiva, senón que se centra especialmente na profesión da muller e no sorprendente descubrimento que María fai: Bonaria é unha acabadora, unha persoa que se dedica a rematar co sufrimento dos moribundos achegándoos á morte. As historias de padecemento xunto coa propia evolución persoal  van cambiando a percepción de María sobre esta realidade.

     Aínda que non todas estivemos de acordo na valoración deste libro podemos dicir que,  sen dúbida,  é unha historia moi orixinal e diferente. Chamounos moito a atención o “procedemento” de adopción e de que xeito a miseria condicionaba este tipo de cesións nas que comerciaban cos nenos de xeito verdadeiramente cruel. Tamén comentamos que a historia ten unha dose importante de intriga mentres non se desvela o segredo relativo á misteriosa ocupación de Bonaria. Ese procedemento era bastante habitual na illa de Sardeña nunha época na que case non había asistencia sanitaria: as acabadoras, despois de sacar das habitacións todos os elementos relixiosos, utilizaban un xugo no que apoiaban a cabeza do moribundo para quebrar a caluga e rematar así coa vida. Outro aspecto destacable refírese á ambientación da obra que nos pareceu moi lograda e  que conseguía transportarnos ata un tempo que nalgúns aspectos pode lembrar á Galicia do século pasado. Rematamos a sesión falando da eutanasia e do dereito a morrer dignamente.

Ana Pernas, Alba Couselo, Sabela Martínez  e Selma Blanco (1º Bach A)

SOBRE AS GUERRAS E AS SÚAS CONSECUENCIAS: A NETA DO SEÑOR LINH

      

    A pantasma da guerra volve, por desgraza,  a estar de plena actualidade. O libro de Philippe Claudel ofrécenos  un fermoso e cruel relato sobre as consecuencias dos conflitos bélicos. Dous booktrailers realizados por Pablo Astray e Gloria Iglesias animan á lectura deste libro convertido xa nun clásico imprescindible no noso club de lectura.

 




2 mar 2023

ENCUENTRO CON FERNANDO LALANA


Una vez más, escuchamos atentos al escritor, quien nos llevará de la mano por el maravilloso e imprevisible mundo de la literatura...