30 oct 2024

SAMAÍN

       

    A literatura de temática misteriosa é unha das preferidas polos nosos lectores. Proba diso é a existencia dunha sección  que ten  continuidade e adeptos ano tras ano. O Samaín é tempo de falar de historias misteriosas (moitas delas relacionadas co Mäis Alá) e,  asemade, de lembrar tradicións   e crenzas que  nos definen como pobo e singularizan a nosa cultura. 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

    

 

     

 

 

     Para falarnos da orixe desta celebración o profesor Jesús Iglesias (coordinador do Club de Lectura) realizou unha teatralización na biblioteca ambientada para a ocasión.


 






4 oct 2024

REUNIÓN INICIAL

      

    Os lectores e lectoras do IES de Curtis son cada vez máis numerosos. Este curso superamos amplamente os cen participantes, Seguimos a contar coa participación de diferentes departamentos ( Historia, Inglés, Orientación, Lingua Castelá, Lingua Galega, Portugués e Automoción) e damos continuidade ao proxecto iniciado o curso anterior coa introdución do grupo de adultos.  Dámoslles a benvida a todos e todas!

Compartimos fotografía da reunión inicial con parte do alumnado.