A literatura de temática misteriosa é unha das preferidas polos nosos lectores. Proba diso é a existencia dunha sección que ten continuidade e adeptos ano tras ano. O Samaín é tempo de falar de historias misteriosas (moitas delas relacionadas co Mäis Alá) e, asemade, de lembrar tradicións e crenzas que nos definen como pobo e singularizan a nosa cultura.
Para falarnos da orixe desta celebración o profesor Jesús Iglesias (coordinador do Club de Lectura) realizou unha teatralización na biblioteca ambientada para a ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario