12 feb 2011

LAS MEDIAS ROJAS, LA DENTADURA...

!
Seguimos con Emilia Pardo Bazán... Estamos moi metidos nas preocupacións desta incríble muller. Os dous contos cos que traballamos esta semana impresionáronnos abondo: canta violencia implícita hai neles, canto egoísmo... e canta denuncia. Resulta que falando, falando chegamos á conclusión de que os contidos e as formas que emprega esta escritora están de plena actualidade: acaso non hai aínda hoxe mulleres que se someten a auténticos suplicios físicos (pensemos en operacións estéticas varias) para agradar ás súas parellas? Pois iso é, nin máis nin menos, que o que sucede en La dentadura: dona Emilia pon diante de nós unha moza que arrinca os dentes porque non lle gustan ó home que ama.Polo que respecta á estética, acontece o mesmo: a Pardo Bazán fai uso do Naturalismo presentando o desagradable da realidade para denuncialo; pensemos nos anuncios que pretenden denunciar a violencia de xénero: manexan, indiscutiblemente, unha estética tan naturalista como a da escritora que nos ocupa. A distancia entre a imaxe da moza apaleada por seu pai por levar unhas medias vermellas ou a da moza coas encías abertas e a dos anuncios publicitarios que denuncian o maltrato de hoxe NON EXISTE: CANTO CAMIÑO QUEDA AÍNDA POR ANDAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario