28 abr 2011
RIMOS CO TEATRO DE ARNICHES
Los alumnos de 4º del club de lectura seguimos con la sonrisa puesta: estamos viendo una grabación teatral de La señorita de Trevélez, de Arniches, dentro del recorrido que se está haciendo dentro del club por la literatura de humor del siglo XX. Pero, ¡ojo!, no todo son risas: algo amargo aflora de la burla. Al final, el coloquio nos ayudará a poner sobre la mesa esa mezcla de sensaciones.
NOVAS VIAXES PARA O MES DE MAIO
Estamos rematando xa o mes de abril e cómpre facer os últimos tramos do camiño do Club Fendetestas para este curso. Empezamos lecturas novas, algo máis cansos por aquelo de que o curso xa vai ben avanzado, pero con ganas de coñecer novas historias... Nos grupos de 1º e 2º imos adentrarnos no mundo da novela gráfica, cuns relatos de Poe e con Frankenstein; en 3º seguimos enganchados ao humor: esta vez imos de visita ao peculiar mundo de Fernando Arrabal, con Pic-nic e con El triciclo. Xa vos teremos ao tanto das nosas conversas.
26 abr 2011
PASEANDO POLO MUNDO DE DONA EMILIA... DA MAN DE XULIA SANTISO
Como sabedes, este curso adicamos unha boa cantidade de tempo no noso club á figura, á época e o traballo literario de dona Emilia Pardo Bazán. Entramos na sociedade de finais do século XIX e comenzos do XX, falamos de política, de costumes, do contraste entre o campo e a cidade, da marxinación feminina na vida pública e doméstica, das modas literarias da época, do Naturalismo, da pegada do movemento na narrativa breve da autora... E de moitas outras cousas que foron saíndo ó fío das conversas dos fendetestas.
Para rematar a nosa andadura polo mundo da autora coruñesa, invitamos á nosa biblioteca a conservadora da súa Casa Museo, Xulia Santiso. Case sen darnos conta, aparecemos paseando da man de dona Emilia pola súa época, pola súa vida e polos seus contos... Marabillosa viaxe, tanto pola súa amenidade como polo entusiasmo de quen nos guiou no percorrido.
1 abr 2011
FALANDO SOBRE O VIXÍA NO CENTEO
Esta semana rematamos, un dos grupos fendetestas de 4º ESO co libro O vixía no centeo. No encontro que fixemos falamos de varios temas: do plantexamento retrospectivo do relato, moi significativo no proceso de "recuperación" do protagonista; da súa conducta extremadamente adolescente, que, aínda que está un pouco hiperbolizada, non nos resulta tan afastada da realidade; da intemporalidade do contido da obra, tan lonxana no tempo real e tan próxima no contido; da perda da inocencia e dos efectos que pode ter...
E así foi pasando o pouco tempo do que dispoñemos. Rematamos o encontro falando da pegada desta obra no cine e na música. Como mostra, aí vos deixamos unha canción baseada no polémico Caufield.
E así foi pasando o pouco tempo do que dispoñemos. Rematamos o encontro falando da pegada desta obra no cine e na música. Como mostra, aí vos deixamos unha canción baseada no polémico Caufield.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)