
Como sabedes, este curso adicamos unha boa cantidade de tempo no noso club á figura, á época e o traballo literario de dona Emilia Pardo Bazán. Entramos na sociedade de finais do século XIX e comenzos do XX, falamos de política, de costumes, do contraste entre o campo e a cidade, da marxinación feminina na vida pública e doméstica, das modas literarias da época, do Naturalismo, da pegada do movemento na narrativa breve da autora... E de moitas outras cousas que foron saíndo ó fío das conversas dos fendetestas.

Para rematar a nosa andadura polo mundo da autora coruñesa, invitamos á nosa biblioteca a conservadora da súa Casa Museo, Xulia Santiso. Case sen darnos conta, aparecemos paseando da man de dona Emilia pola súa época, pola súa vida e polos seus contos... Marabillosa viaxe, tanto pola súa amenidade como polo entusiasmo de quen nos guiou no percorrido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario