30 nov 2011

ANA FRANK


Algunos Fendetestas de 3º A iniciamos un viaje por la convulsa historia de Europa de la primera mitad del siglo XX. Lo haremos de la mano de la joven alemana Ana Frank y de su escalofriante diario, a través de un formato al mismo tiempo que novedoso atractivo para nosotros, pues se trata de leer la versión en novela gráfica que se ha editado recientemente. ¡Además, lo hacemos en inglés!





Si te interesa la historia de Ana y sus vivencias en la clandestinidad, te recomiendo que visites su casa casa museo en Amsterdam.




 




 





21 nov 2011

LEYENDO CIELO ABAJO

Uff... Cuantos puntos que tocar al empezar a leer esta novela. Casi no sabíamos por dónde empezar. Finalmente decidimos empezar por las diferencias tipográficas entre capítulos: eso nos hizo pensar que había en el libro dos historias diferentes, de tal modo que una (la autobiografía de Dechén) estaba enmarcada en la otra (el relato del escritor fracasado que acude a lijar las paredes de la casa próxima a la Glorieta de Atocha). Charlamos sobre la vida de los jóvenes en los años 20 y sobre la afición del joven Dechén a los aviones a partir de la historia del PLUS ULTRA.

Aquí nos quedamos: buscamos el significado latino de la expresión, la imagen del escudo de España y por qué aparece este lema en él aun a día de hoy.

http://es.wikipedia.org/wiki/Plus_Ultra_(lema)

CONOCIENDO A FERNANDO MARÍAS

Hemos dedicado la reunión de hoy en 4º ESO a hablar de Fernando Marías y de los primeros capítulos de Cielo Abajo.  No teníamos ni idea de quién era este escritor y nos hemos enterado de su obra, sus premios y su faceta como guionista de cine. Hemos visto también una entrevista telegráfica que le hacen en un vídeo de youtube ( entre don Quijote y Sancho, elige al primero; cree que la literatura tiene que ser comprometida...).

También hemos descubierto su faceta como "actor" en un anuncio de Nintendo: nos ha dado pie para que hablemos de "las nuevas formas de narrar y de leer en el siglo XXI". Muy interesante: ¿leíamos igual hace unos años que ahora? ¿Hay varias formas de leer? Cuando estamos utilizando ciertos videojuegos, estamos accediento a una narración...



http://youtu.be/1oTnrhLCuXY


http://youtu.be/4D7wfcvLK54

19 nov 2011

Galicia encantada

 Seguindo na liña prometida na última reunión os Fendestestas de 2º ESO van comezar a pescudar no mundo máxico e misterioso da nosa cultura. Hai unha páxina xa coñecida para moitos que é unha auténtica enciclopedia da fantasía popular. Falamos de  Galicia encantada.

Aí vai a súa presentación: Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Destes nosos conveciños, fillos das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos a súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.
Para saber quen e como son só tes que buscalos aquí; escribe o seu nome ou o do lugar onde sospeitas que están e ...

 Atrévete e  entra en Galiciaencantada.

15 nov 2011

QUEN É XOSÉ MIRANDA?




 Recollemos as súas propias palabras para achegarnos á súa biografía: naceu en Lugo, moi preto da muralla, nun chalé que xa non existe, nos últimos días de 1955. Medrou nun barrio a medias obreiro, con moitos espazos aínda sen edificar, e grandes prados, hortas e chousas. Xogou moito ó aire libre cos seus amigos e leu algúns libros e tebeos.

Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978. É profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes da súa cidade natal. Desde neno escribiu versos.  En 1988 comezou a escribir prosa, relatos e novelas para adultos. Ten dous fillos. Para eles escribiu algúns libros do que se deu en chamar literatura infantil e xuvenil. No 2002, con 44 anos, atreveuse a publicar libros para nenos, como Lúa e os nubeiros, Feitizo, Aventuras do coello Federico, Ariadna e Pel de lobo.

É especialista en literatura de tradición oral. Xunto a Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba publicou moitos libros de contos populares galegos, dirixidos a un público infantil, reunidos na colección 'Cabalo buligán', da que é codirector, así como o Diccionario dos seres míticos galegos, a Pequena mitoloxía de Galicia, os Contos colorados, narracións eróticas da tradición oral e o recente Cando os animais falaban.

 Moita máis información sobre este autor e as súas obras en  Xosé Miranda

EN 2º ESO TAMÉN TEMOS CLUB DE LECTURA


Os rapaces e rapazas de 2º de ESO aos que nos gusta ler decidimos formar parte do club de lectura  Fendetestas. Algúns de nós xa repetimos experiencia e outros somos de nova incorporación. Únenos o gusto pola lectura  e o interese en comentar cos nosos compañeiros os libros que lemos. Este ano comezamos cunha selección de relatos de medo de Xosé Miranda e Agustín Fernández Paz. De momento nas reunións que tivemos, falamos das impresións que nos causaran as lecturas e de cal delas nos dera máis medo.  Agora imos investigar un pouco sobre estes autores e sobre a temática do terror na cultura galega.

14 nov 2011

OS SIMPSONS TAMÉN LEN A POE

Estivemos vendo un vídeo dos Simpson, onde Homer actúa coma o prota dun relato de Poe ( El Cuervo); bota moito de menos á súa muller, Eleanor ( Marge). Poidemos ver que é moi interesante mesturar  humor e medo.
http://youtu.be/pUbxoEm-8Wo

Fendetestas 1º ESO

8 nov 2011

PRESENTÁMONOS: SOMOS OS NOVOS FENDETESTAS DE 4º ESO

Onte tivemos a nosa segunda reunión do club de lectura: somos un grupiño de dúas mozas e catro mozos de 4º ESO ós que nos gusta ler e falar do que lemos, do que coñecemos, das nosas experiencias... Estivemos dando unha voltiña polo mundo da literatura de medo, por aquelo das datas nas que estamos, xa sabedes. Lemos dous relatos curtos, ámbolos dous de intriga e terror: Castigo de Dios, de Álvaro de la Iglesia e La mujer alta, de Pedro A. de Alarcón, ben distintos, por certo, entre si. Aproveitamos tamén para falar do terror físico e do psicolóxico e tamén de todo aquelo que nos da medo a cada quen: A VIOLENCIA, A GUERRA, A ENFERMIDADE, A ESCURIDADE, O ABUSO, A DESTRUCCIÓN, O SOBRENATURAL, A MORTE, A SOIDADE...
Que saibades que empezamos nestes días a ler unha obra completa: ímonos á época da guerra civil española con Cielo Abajo, de Fernando Marías. Xa vos ccontaremos.

2 nov 2011

OS NOVOS FENDETESTAS DE 1º DE ESO SAÚDANVOS

Somos un grupo de alumnos aos que nos gusta ler.Agora somos xa fendetestas. Buscamos ler, comentar, rir, distraernos, pensar... Comenzamos lendo relatos clásicos e actuais. Agora estamos a ler un relato de Poe: El corazón delator . Se queredes podedes ser os nosos compañeiros de lectura.