19 nov 2011

Galicia encantada

 Seguindo na liña prometida na última reunión os Fendestestas de 2º ESO van comezar a pescudar no mundo máxico e misterioso da nosa cultura. Hai unha páxina xa coñecida para moitos que é unha auténtica enciclopedia da fantasía popular. Falamos de  Galicia encantada.

Aí vai a súa presentación: Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Destes nosos conveciños, fillos das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos a súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.
Para saber quen e como son só tes que buscalos aquí; escribe o seu nome ou o do lugar onde sospeitas que están e ...

 Atrévete e  entra en Galiciaencantada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario