Os rapaces e rapazas de 2º de ESO aos que nos gusta ler decidimos formar parte do club de lectura Fendetestas. Algúns de nós xa repetimos experiencia e outros somos de nova incorporación. Únenos o gusto pola lectura e o interese en comentar cos nosos compañeiros os libros que lemos. Este ano comezamos cunha selección de relatos de medo de Xosé Miranda e Agustín Fernández Paz. De momento nas reunións que tivemos, falamos das impresións que nos causaran as lecturas e de cal delas nos dera máis medo. Agora imos investigar un pouco sobre estes autores e sobre a temática do terror na cultura galega.
15 nov 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario