Os seis grupos de Fendetestas estamos xa funcionando. Aquí vos deixamos unha lista dos títulos que eliximos para este trimestre. Xa vedes que hai para todos os gustos:

-
1º de ESO: uns arrincamos lendo
O enigma do menhir, incluído en
As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Outros teñen entre mans
Charlie e a fábrica de chocolate.
- 2º de ESO: neste numeroso grupo de lectores, estamos lendo novela gráfica. Aproveitamos fondos que xa tiñamos e botamos man de Frankenstein, dos Relatos de Poe e do Diario de Ana Frank.

- 3º e 4º de ESO. Escollemos a opción do teatro e das dramatizacións e decidimos ler comedia. Estamos coñecendo a divertida obra de Moliére e empezamos con
El médico a palos.
- 1º de BAC: como este ano contamos con tres grupos neste nivel, decidimos escoller narrativa contemporánea feita por novelistas de diferentes nacionalidades. Os Fendetestas andamos entretidos con
El amor en los tiempos del cólera, con
El curioso incidente del perro a medianoche e con
La verdad sobre el caso Savolta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario