Os Fendetestas de 1º da ESO estivemos lendo O misterio das badaladas. Os comentarios sobre a obra foron bastante dispares, houbo algúns membros do grupo que expresaron o moito que os intrigara e que non podían deixar de ler; outros (menos afeccionados aos libros de misterio) non foron da mesma opinión. Mentres buscamos unha nova proposta de lectura para esta avaliación, deixámosvos unha pequena recensión elaborada por Rodrigo , un dos incondicionais da narrativa de intriga.
Este libro conta a historia de cinco nenos que unha noite escoitan tocar o novo reloxo da vila trece badaladas en vez de doce. A partir de aí os rapaces investigan o misterio ata descubrir a razón pola que se produce ese feito. Alguén lles vai dando unha serie de enigmas que eles teñen que descifrar.
Rodrigo Matos Barral 1º ESO B