28 feb 2018
JASÓN Y LOS ARGONAUTAS
Os alumnos de 3º de ESO-B, Laura López, Fátima Ramos, Vera Sánchez e Mateo Senín, comparten con nós esta presentación sobre un dos mitos máis célebresda mitoloxía grega: Jasón y los argonautas.
18 feb 2018
BOOKTRAILER
Fatima Ramos de 3º ESO B e Nadia Fernández de 3º ESO A ofrécennos unhas suxestións de lectura en formato de booktrailer sobre O centro do labirinto e Mecanoscrito da segunda orixe. Dúas visións do futuro da man de Agustín Fernández Paz e de Manuel de Pedrolo que suscitan interesantes reflexións sobre o mundo no que vivimos.
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
Booktráiler,
Manuel de Pedrolo
12 feb 2018
GUÍA PARA XOVES MANIÁTICOS
A lectura do libro de Aidan MacFarlane e Ann McPherson suscitou diversas valoracións entre os fendetestas
de 2º da ESO. A algúns non lles entusiasmou
o formato de pregunta- resposta en que está baseado e resultoulles un pouco
árida e repetitiva a lectura. Constatouse a diferenza entre as lecturas divulgativas
fronte ás de ficción e resultou que estas últimas colleitan moitos máis partidarios.
A pesar de ser minoría, a outros pareceulles ben interesante e, incluso
divertida. Destacaron que era unha maneira
diferente de aprender e de acceder a
información sobre cuestións consideradas tabú. Gustoulles a distribución en
capítulos e o feito de que estivesen organizados por temáticas concretas.

Unha lectura ben interesante para mentes inquietas que ofrece unha axuda e moitas
respostas a preguntas que non sempre se atreven a formular.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)