A lectura do libro de Aidan MacFarlane e Ann McPherson suscitou diversas valoracións entre os fendetestas
de 2º da ESO. A algúns non lles entusiasmou
o formato de pregunta- resposta en que está baseado e resultoulles un pouco
árida e repetitiva a lectura. Constatouse a diferenza entre as lecturas divulgativas
fronte ás de ficción e resultou que estas últimas colleitan moitos máis partidarios.
A pesar de ser minoría, a outros pareceulles ben interesante e, incluso
divertida. Destacaron que era unha maneira
diferente de aprender e de acceder a
información sobre cuestións consideradas tabú. Gustoulles a distribución en
capítulos e o feito de que estivesen organizados por temáticas concretas.

Unha lectura ben interesante para mentes inquietas que ofrece unha axuda e moitas
respostas a preguntas que non sempre se atreven a formular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario