Os fendetestas de 4º de ESO vimos de ler e charlar sobre a noveliña epistolar de Kressman Enderezo descoñecido. Nela vese o deterioro dunha relación de amizade por mor do fanatismo con que un dos personaxes segue a doctrina nazi nos anos previos á 2ª Guerra Mundial. Asusta ver como os alemáns observan primeiro con desconcerto a figura de Hitler, para logo sentírense fascinados por el. Martín, coma miles de compatriotas, convírteo no seu lider, na persoa que os sacará do sufrimento e da pobreza que asola Alemania desde a 1ª Guerra Mundial e que dirixirá o país para facer del un magnífico imperio. Para iso desbota a sincera amizade de Max e deixa que os militares de Hitler persigan e depuren a Griselle, a irmá do que foi o seu mellor amigo. Enderezo descoñecido fíxonos pensar, como anos atrás nos pasou con O diario de Ana Frank e con El niño en la cima de la montaña, nese momento da historia da humanidade que de ningún xeito debe volver a repetirse.

A tertulia posterior á película deixounos moi inquedos, pois démonos conta do fácil que pode ser manipular a un colectivo segundo sexan as circunstancias (idade, formación, situación persoal e cultural, contexto familiar...) que o rodean. Cómpre ter criterio propio e reflexionar sempre antes de actuar: dúas alumnas da aula en La ola, mostran o seu espírito crítico e non só non se integran no proxecto, senón que se enfrontan a el. Desde logo, é unha película máis que recomendable, non só para reflexionar sobre como Hitler arrastrou tras de si a miles de seguidores, senón para evitar que a barbarie nazi volva a repetirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario