Toca fin este curso certamente estraño no que un virus entrou nas nosas vidas para cambiárnolas dun día para outro... Despois destes meses de confinamento parece que a normalidade empeza a chamar as nosas portas, como tamén chaman xa os longos días de verán, onde o tempo de lecer nos ha de deixar un oco para abrir un libro e gozar coa súa maxia. Velaquí unha pequena axuda para evitar que o tedio nos envolva... E bo descanso!
21 jun 2020
19 jun 2020
ADIÓS A CARLOS RUIZ ZAFÓN
Hoy
ha muerto en Los Ángeles, tras una larga enfermedad, el novelista
Carlos Ruiz Zafón, uno de los escritores en lengua española con
mayor reconocimiento internacional en las dos décadas del siglo XXI.
Estudia
en el colegio de San Ignacio de Sarrià y tras ello se matricula en
Ciencias de la Información, donde le surge una oferta para trabajar
en el mundo de la publicidad. Esto lo lleva a ser director creativo
de una importante agencia de Barcelona. Atraído por el mundo del
cine, se instala en EEUU, en donde ha vivido hasta su fallecimiento.
Comienza
en la literatura juvenil, publicando El príncipe de la niebla en
1993, novela con la que obtiene el Premio Edebé de Literatura
Infantil y Juvenil, y con el dinero del galardón parte a Estados
Unidos donde pasará el resto de su vida. Más tarde publica El
palacio de la medianoche y Las luces de septiembre, que
junto a su primera novela, forman La trilogía de la niebla,
destinada al público juvenil.
En
2001 publica su primera novela para adultos, La sombra del viento,
con la que logra varios premios, entre ellos el Barry Award a la
mejor novela y el reconocimiento mundial de su calidad como escritor.
Esta exitosa ficción, que forma parte de la tetralogía El
cementerio de los libros olvidados -El juego del ángel, El
prisionero del cielo y El laberinto de los espíritus-, es
traducida a numerosos idiomas, convirtiéndose en una de las más
vendidas en el mundo, con más de 15 millones de ejemplares. Debido
al renombre de esta novela, recibe ofertas para autorizar que esta
sea llevada a la pantalla, pero el autor considera que sería una
“traición”, por lo que rechaza la propuesta.
En 1999 publica Marina, una novela por la que Zafón sentía especial predilección: era, según él, la más personal de todas sus obras. Desde el IES de Curtis, queremos hacer nuestro particular homenaje a este maestro del misterio y del suspense. Algunos alumnos de 4º de ESO hemos leído este curso esta novela y nos ha dejado una agradable impresión, no solo por su entretenido argumento, donde conviven el misterio y los sentimientos sino también por su lenguaje claro y directo.
Marina
presenta
la historia de Óscar Drai, un hombre que vuelve a Barcelona para
evocar su inquietante historia de amor con Marina, entrelazada con la
investigación entorno a Mijail Kolvenik, personaje que trae al
recuerdo a V. Frankenstein, por su obsesión con desafiar a la
muerte. La calidad de la trama es indiscutible: el suspense atrapa al
lector haciendo que la intriga vaya en aumento y la tensión se
mantenga hasta el final.
La
temática relacionada con la necesidad de poner límites a la
investigación científica, con el suspense y con el componente
sentimental de las relaciones humanas hacen de Marina una novela muy
entretenida: si disfrutáis con el misterio, no os lo penséis dos
veces. Leedla, merece la pena.
Nuria
Gómez, 4º de ESO
16 jun 2020
INFAMIA
A obra Infamia, escrita por Ledicia Costas,
foi editada pola editorial Xerais e publicada en xuño de 2019 (segunda
edición). É unha novela de misterio que
trata, dunha maneira moi íntima, os diferentes problemas que teñen os personaxes.
Fala das súas preocupacións de maneira secundaria, facendo que toda a historia
xire arredor da desaparición das irmás Giraud.
Tal
e como pon a contraportada do propio libro: “Infamia é un thriller
psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra
o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor,
odio e loucura.”
Ledicia Costas, a autora, é unha das
escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega. Publicou obras
como Un animal chamado néboa (2015), O corazón de Xúpiter (2012),
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (2016), … Gañou premios
como o Premio Lazarillo, o Premio Gala do libro galego e o White Ravens, todos
eles pola obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, o
Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Escarlatina,
a cociñeira defunta,
Neste
libro, Ledicia escribe a historia dunha avogada, Emma, que chega a Merlo
intentando cambiar de aires, entre outras cousas para esquecerse de Mario (o
home do que estaba namorada). Tras pasar uns días alí, dáse conta de que o pobo
quedou marcado desde a desaparición de Sofía e Branca, as irmás Giraud. A ela
sorprendeulle que non se resolvera o caso e decidiu investigar pola súa conta.
Ó largo da súa estadía coñecerá a xente misteriosa, será ameazada, namorarase,
…
O
narrador desta obra está en 3ª persoa, pero é omnisciente xa que sabe o que
senten e o que pensan os personaxes. Fragmentos que afirman o anterior sería,
por exemplo, os seguintes: “Emma sempre se sentira como unha persoa de inverno,
de auga de Lúa, por esa orde”, “Gustáballe pasar desapercibida”, … A historia
está narrada en pasado e ten flashbacks, estes son usados para explicar
o que lle sucedera a Mariña e ás irmás Giraud.
Os
protagonistas desta novela son Emma, Rubén, Lucas, Noel, Salva e Sofía e Branca
(as irmás Giraud). Cada personaxe ten os seus propios tormentos interiores:
Emma non consegue superar a morte da súa irmá Mariña, Lucas non foi capaz de
superar a súa participación no asasinato das irmás, Noel non ten valor para
admitir que é homosexual, Salva atorméntase ó pensar que foi violado por curas,
etc. A maioría dos personaxes son redondos, xa que van enfrontando os seus
medos. Pero hai personaxes que non evolucionan, un exemplo sería o señor Arias,
desde o principio fai todo o que pode por salvar o nome da súa familia: idea un
plan para esconder os corpos de Sofía e Branca, ameaza a Emma para que deixe de
investigar o caso, …, non hai ningún momento no que evolucione e se sinta culpable
polo que fixo.
O
que máis me sorprendeu do estilo e técnica narrativo foi que introducira poemas
ó longo do libro, que correspondían coa parte na que se falaba de Lucas. Os
poemas estaban escritos en castelán e falaban sobre todo de sentimentos. Tamén
introduce ó longo da historia reportaxes e noticias. Isto fai que nos
acheguemos á historia, xa que non se está lendo a reportaxe da boca dun
personaxe, senón que lemos a reportaxe en si, o que fai que nos sintamos como
un personaxe máis que está a observar o que pasa.
Esta
obra gustoume moito. Sempre me interesaron as obras de misterio, pero esta
superou as miñas expectativas. Non só trata unha desaparición, senón que mostra
todas as caras ocultas desta, o que senten os culpables (pasando polos que non
están arrepentidos e polos que teñen pesadelos por iso), a posición que
adoptaron os pais, a ignorancia das nais, o sufrimento de Sara e Xoán, a
conciencia dos pais das nenas ó saber quen foran os asasinos, o interese que
pode sentir unha persoa alleo ó caso, as decisións que tiveron que tomar os
personaxes que querían a persoas relacionadas coa morte das irmás, …
Normalmente,
os comezos son a parte do libro que menos me gusta, pero neste caso é todo o
contrario. O comezo do libro xa atrae, pídeche seguir lendo. O que menos me
gustou foi o final tan aberto. Deixoume coa intriga saber que máis ía pasar.
Podo soportar a curiosidade que me produciu saber se Emma volve ou non, pero,
como lectora, preciso saber se Branca atopa ós culpables ou non e, no caso de atopalos,
que fai.
Nadia
Fernández Blanco ( 1º BAC B)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)