19 dic 2021

FALANDO DE ENDEREZO DESCOÑECIDO

Os lectores e lectoras do Club Fendetestas de 4º ESO veñen de ler Enderezo descoñecido. Esta obra foi escrita por Katherine Kressmann, escritora norteamericana, escritora e xornalista nada en Oregón. Publicouse en 1938 en Estados Unidos antes do estalido da Segunda Guerra Mundial. A obra permaneceu descoñecida en Europa arredor de 60 anos, pero, tras o éxito que acadara nos Estados Unidos e en Reino Unido, foi traducida a diversos idiomas.

As impresións  foron moi positivas. Pareceunos unha lectura moi orixinal que concentra en moi poucas páxinas  e cun formato pouco usual (cartas) unha historia conmovedora e impresionante.

Velaquí algúns dos comentarios sobre a obra:

Este libro retrata á perfección a contraposición de ideas na II Segunda Guerra Mundial e a transformación ideolóxica vivida por dous amigos. Gustoume moito xa que está escrito en formato carta, como se fose unha conversación normal;  impactoume e sorprendeume moito que estea baseado nunha historia real de dous amigos. Creo que nesta obra pódese ver perfectamente a influencia que tivo Hitler co pobo alemán e como a través do seu discurso os convencía de que tiña a razón e de que era o salvador do país.

                                                                                                Julián Merelas

 

Este libro podería titularse “As ideas cambian”. Suxiro este título porque na lectura reflíctese un gran cambio de personalidade dun dos protagonistas. Tamén cambia a súa forma de ver ao mundo e de como actuar ante determinadas situacións, por exemplo cando Griselle lle pide axuda a Martin.

 Nerea Varela

Definitivamente recomendo ler esta obra, pois trata temas reais e históricos moi importantes que deben darse a coñecer ao mundo: o  nazismo, o odio inxustificado e racista ante os  xudeus. Tamén se narran os efectos do  medo nas persoas como podemos apreciar en Martin. Este, influenciado polo nazismo e polo medo, cégase e perde o sentido da xustiza.  Outro título para a novela podería ser “ O poder do medo”

                                                                                                                                     Pablo Astray

 Impresionoume moito o cambio dos personaxes. Pareceume atroz o que fixo Max, deixando morrer  xente que consideraba da súa familia. Cos ollos espantandos vin a transformación de Martin e o progresivo desmaio dunha amizade e o desagradable final esperado.  Este libro pareceume alucinante, xa que en moi poucas páxinas a autora logra sacar o máximo desenvolvemento dos personaxes. 

                                                  Karla Rivera

Pareceume entretida posto que é unha historia que engancha, realista, porque aínda que é unha historia ficticia trata un tema histórico que si aconteceu.  A pesar de que hai feitos que non me gustaron como o machismo de Martín, podo chegar a comprendelos polo contexto histórico no que este se sitúa.

Paula Pardo


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario