22 may 2023

ROTEIRO LITERARIO: A MEMORIA DA CHOIVA

 

Despois de ler  A Memoria da choiva de Pedro Feijoo o alumnado do Club de lectura de 4º ESO E 1º Bach realizamos unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro na localidade de Padrón o pasado 19 de maio.  Alí imaxinamos a escena final cando o asasino (Tino/ Xacobe/ Adriano) foi desenmascarado  e atrapado polo detective Aquiles Vega  nas dependencias da casa da autora.  Tamén nos fixamos na información que se ofrece na casa sobre os fillos de Rosalía e puxémola en relación cos datos que se dan na obra de Pedro Feijjoo. O feito de que a biografía da autora estea  envolta nun halo de misterio  fai que resulte  moi interesante coñecer pequenos datos que ofrezan algo de luz  entre as tebras. A lectura de A memoria da choiva e a visión de parte dos escenarios que aparecen na obra ofreceunos unha suxestiva ambientación.

A continuación, complementamos a visita cun percorrido polas rúas de Padrón despois de pasar polo cemiterio da Adina, (lugar onde estivo soterrada a escritora durante varios anos antes de ser trasladada ao Panteón dos Galegos Ilustres). Na vila contemplamos a  casa onde viviu Rosalía coa súa nai e a estatua que o pobo padronés lle dedicou á súa escritora máis universal.








13 may 2023

LEMBRANDO A DOMINGO VILLAR A TRAVÉS DE OLLOS DE AUGA

  Xa transcorreu  case un ano dende que nos deixou o escritor Domingo Villar. Malia a grave perda que supuxo o seu pasamento, a súa presenza segue entre nós a través das  súas historias.

 Laura Vázquez (1º Bach A) elaborou a seguinte presentación sobre o seu libro Ollos de auga. 


AS HISTORIAS DE LORENZO E OLIVIA

 

Ti e mais eu conta dúas historias: a de Lorenzo e a de Olivia, dous irmáns que son case uns completos  descoñecidos. Lorenzo ten 14 anos e moitos problemas de socialización. Os seus conflitos persoais van  ata o extremo de dicirlles aos seus pais que vai viaxar á neve  durante varios días cuns compañeiros, mentres realmente queda agochado nun rocho. Alí recibe a inesperada visita de Olivia, unha moza de 23 anos, filla da primeira relación do pai de ambos, que ten unha historia escura relacionada co consumo de drogas e que recorre á familia só cando necesita cartos.

A relación entre os dous irmáns vai evolucionar dende a indiferenza, a complexidade de compartir o mínimo espazo e a sensación de molestia que ambos senten pola presenza do outro ata a reconciliación. De aí parte a realización dunha dobre promesa de encontro nun futuro e de abandono das drogas por parte de Olivia.



Un libro que conta sen dúbida unha historia moi dura e cun final, que nos transporta dez anos despois do encontro no rocho,  e que nos resultou moi triste e incluso desacougante. A esperanza de que a promesa se cumprise transfórmase nunha decepción para o lector ou lectora. A pesar da tristeza que domina a narración cómpre dicir que, en xeral,  gustounos e pareceunos unha historia moi interesante. O personaxe de Lorenzo pretende reflectir o estado de incomprensión e a necesidade de aceptación social que moitos adolescentes experimentan. Comentamos especialmente a escena do accidente de tráfico sufrido pola nai e como o rapaz, que non é quen de xestionar as súas emocións, perde o control e sofre un desmaio. O libro fainos reflexionar sobre o difícil momento da adolescencia (especialmente para aqueles que se senten diferentes) e tamén sobre os perigos e as fatais consecuencias da drogadicción.

Alba Carro, Martina Carro,  Candela Saavedra,  Nerea Varela e Lucía Corral

TI E MAIS EU



 Alia Castro ofrécenos unha interesante valoración de  Ti e mais eu.

 


4 may 2023

UNHA HISTORIA ESPECIAL: A CASA DE MANGO STREET

  

Noa  Maques  (1º Bach A) explica nesta recensión  en formato vídeo as súas impresións despois de ler A casa de Mango Street.