Despois de ler A Memoria da choiva
de Pedro Feijoo o alumnado do Club de lectura de 4º ESO E 1º Bach realizamos unha visita á Casa-Museo de Rosalía
de Castro na localidade de Padrón o pasado 19 de maio. Alí imaxinamos a escena final cando o asasino
(Tino/ Xacobe/ Adriano) foi desenmascarado e atrapado polo detective Aquiles Vega nas dependencias da casa da autora. Tamén nos fixamos na información que se ofrece
na casa sobre os fillos de Rosalía e puxémola en relación cos datos que se dan
na obra de Pedro Feijjoo. O feito de que a biografía da autora estea envolta nun halo de misterio fai que resulte moi interesante coñecer pequenos datos que ofrezan
algo de luz entre as tebras. A lectura de
A memoria da choiva e a visión de parte dos escenarios que aparecen na
obra ofreceunos unha suxestiva ambientación.
A continuación, complementamos a visita cun percorrido polas rúas de Padrón despois
de pasar polo cemiterio da Adina, (lugar onde estivo soterrada a escritora
durante varios anos antes de ser trasladada ao Panteón dos Galegos Ilustres). Na
vila contemplamos a casa onde viviu
Rosalía coa súa nai e a estatua que o pobo padronés lle dedicou á súa escritora
máis universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario