Pechamos o curso coa excursión do Club de Lectura. A ruta escollida nesta ocasión levounos a Outeiro de Rei para visitarmos a Casa Museo de Manuel María. Alí puidemos escoitar as marabillosas explicacións de Antón que nos achegou á vida e obra do escritor chairego. Despois de visitar a casa onde Manuel María pasou a súa infancia e adolescencia, dirixímonos ata a área de Santa Isabel, un impresionante espazo natural onde conflúen os ríos Miño e Ladra.
Velaquí a crónica audiovisual do día. A música escollida para acompañar as imaxes desta xornada é de Fuxan os ventos, grupo mitico que puxo voz ao fermoso poema de Manuel María que leva por título "O carro".
No hay comentarios:
Publicar un comentario