14 oct 2026

ENGLISH LADIES BOOK CLUB

      

    Presentamos a nova sección temática do noso club para este curso coordinado polas profesoras María Fírvida e Ángeles Posse. Comezamos o primeiro trimestre coa obra Persuasión de Jane Austen. 

    No seguinte cartel recollemos unha serie de propostas de actividades para desenvolver baseadas nas lecturas. 


 

5 oct 2026

REUNIÓN INICIAL

     

     Os novos integrantes do Club chegan pisando forte e demostrando que a lectura segue sendo unha actividade esencial para medrar como persoas. Este curso somos once profesores e profesoras que  exerceremos de mediadores de máis de cen alumnos e alumnas. Iniciamos deste xeito o curso con moitas ganas de ler e de compartir impresións e experiencias.