Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de Lectura. Mostrar todas las entradas

28 ene 2020

75 ANOS DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ



     O 27 de xaneiro de 1945 produciuse a liberación dos prisioneiros do campo de concentración  e  exterminio de Auschwitz (Polonia). Alí morreron máis dun millón de persoas nas cámaras de gas, por inanición ou torturas. 

      75 anos despois segue a ser necesario reinvidicar a memoria das vítimas para que esta páxina tan terrible da historia da humanidade nunca se volva a repetir. As múltiples historias que  compartimos a través do club de lectura  colaboran nesa imprescindible tarefa. 



Lecturas para non esquecer a historia por Begoña Centoira

10 oct 2019

ANDAINA LECTORA

    
      Un ano máis o noso club inicia a súa andaina lectora. Este curso son 47 as  rapazas e  os rapaces, repartidos nun total de nove grupos, que compartirán con sete profesoras a experiencia da lectura. 

     
     Incorporamos unha nova sección do club de lectura en lingua inglesa coordinada polas profesoras María Luísa López Velo e Elena Mª Lagoa Freire. Cumprimos así un dos obxectivos esenciais do club: a valoración da multiculturalidade  e da diversidade como  fonte de enriquecemento que nos permite coñecer outras culturas e medrar como persoas. Na mesma liña celebramos a incorporación ao grupo Rosa López González de Xeografía e Historia que, de seguro, aproveitará os seus coñecementos para axudarnos a contextualizar  as obras e, por conseguinte, a comprendelas mellor.

     Boas e proveitosas lecturas a todos e a todas!

30 oct 2018

ESTAMOS LENDO...


      Neste primeiro trimestre do curso a rapazada e as profesoras que forman parte do Club de Lectura  Fendetestas están somerxéndose na maxia da lectura de maneiras moi diversas.
       Un grupo formado polos  integrantes  máis novos do club  (1º ESO) comezou cos relatos  de Fina Casalderrey e Francisco Castro agrupados baixo o  título O neno can.  Outro dos grupos  optou por Querido hijo: estamos en huelga de Jordi Sierra .En 2º están inmersos  en La historia de Julián de R. J. Palacio dando así continuidade a La leccion de August,  lida o ano pasado.
     Os veteranos de 3º están seguindo as irónicas Instrucións para tomar café que nos ofrece Manuel Núñez Singala. En 4º ESO, uns optaron pola novela gráfica con Cometas en el cielo  de Khaled Hosseini e outros escolleron  Os nenos da varíola de María Solar.
     Os membros do club que xa están en 1º Bacharelato andan a relacionar uns poemas de Rosalía de Castro cuns estraños e inquietantes asasinatos que o escritor Pedro Feijoo  nos relata en   A memoria da choiva.
     Para rematar este adianto, os grupos de Francés de 4º ESO len Vingt mille lieues sous les mers de Jules Verne e, en 1º Bacharelato, Poil de Carotte de  Jules  Renard.
     Como xa é habitual, daremos conta das impresións que estas lecturas nos susciten a través deste blog.