Ainara Castro comparte este booktrailer sobre o libro de Marilar Aleixandre que leva por título As malas mulleres.
Club de lectura do IES de Curtis
“Dicirlle á xente que non poden seguir vivindo sen ler un libro así, hai demasiada beleza nel para ignoralo”
Agustín Fernández Paz
Ainara Castro comparte este booktrailer sobre o libro de Marilar Aleixandre que leva por título As malas mulleres.
Acabamos, los fendetestas de 2º ESO A, hace dos semanas, la lectura de la novela de David Lozano, Desconocidos, que gira alrededor de los problemas derivados de la imprudencia en el uso de las redes sociales: el engaño, el chantaje, las amenazas y el miedo recorren las páginas de esta historia que nos ha atrapado desde el principio. Una cita entre dos jóvenes que no se conocen físicamente, pero sí en la realidad virtual de Twiter , acaba llevándonos a una situación en la que el miedo acaba envolviéndonos y abriéndonos los ojos sobre el poder de las mentiras que pueden esconderse tras una pantalla.
Os fendetestas de 3º ESO A leron neste primeiro trimestre do curso a obra Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. Compartimos no blog un booktráiler elaborado por Ainhoa Seijas e un comentario- recensión de Celtia Lúa Sampedro.
Booktráiler: https://www.instagram.com/reel/DSA8j5YinEM/?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Vou compartir un breve comentario sobre o libro usando só cinco adxectivos. Enderezo descoñecido foi para min unha lectura...
(Moi) intrigante: xa que sempre estiven esperando para saber que diría cada carta e que faría cada personaxe co seu destino,
Impresionante: por todo o que sucede durante a obra, por exemplo cando Max cal se decata de cal fora o tráxico destino súa irmá ,
Curta: ten moi pouquiñas páxinas (80) pero aínda así danse relatado moitos feitos nunha extensión moi reducida.
Educativa: porque nos conta o como era a sociedade de antes e serve para entender a época nazi.
Realista: debido a que o que se relata na historia é algo que pasou hai tempo e que facilmente podería volver a suceder.
Dramática: porque fala de moitos sentimentos, por exemplo, da tristeza do amigo xudeu que lle escribía ao seu amigo alemán pero este non lle facía caso.
Eu creo que lle recomendaría esta obra a nenos e nenas da ESO, xa que trata sobre un tema delicado que ocorreu de verdade e do cal moitos non están informados. Con este libro poden chegar a entender o que pasaba naquel tempo.
Sinto que podería levar outro título como por exemplo: “Cartas que se rompen” porque conta como a amizade de dous homes se vai rompendo mediante as cartas que se envían polos pensamentos de ambos, facéndose dano o un ao outro e rematando con algo que algún día tivo moito valor para os dous.
Este libro recolle algunhas das lendas e contos que percorren o país veciño de norte a sur. Foron compiladas por Sara Martins e ilustradas por Raquel Russo. Son fermosas historias caracterizadas pola súa brevidade e polo feito de que todas deixan un pouso de reflexión.
Compartimos a continuación un resumo e comentario de algunhas das que nos pareceron máis interesantes:
A ferradura e as cerejas
Un campesiño desfrutaba levando o seu fillo a pasear na fin de semana para ensinarlle cousas novas. Un día encontraron unha ferradura no camiño e o pai pediulle o fillo que a apañase. O fillo díxolle que non valía a pena coller un obxecto vello e que non lles ía servir de nada; o rapaz era preguiceiro e non quixo baixarse a recollela. Pero o pai gardouna e, cando chegaron á aldea, vendeuna. Coas moedas que gañou comprou unhas cereixas, e volvendo á casa foi tirándoas polo camiño facendo que o fillo se baixase para collelas.
Este é um texto que, a pesar de ser breve, ensina umas interessantes lições, em específico a não desaproveitar as coisas que oferece o "caminho", que se refire à vida.
A lenda da Serra da Estrela
Esta lenda cóntanos a historia dun pastor que falaba cunha estrela. Cando o rei soubo deste feito pediulle que lle dera a estrela e que a cambio podería ter moitas xoias e ouro. Pero o pastor non aceptou a oferta xa que pensaba que a súa estrela tiña máis valor que todas esas riquezas.
Esta história faz reflexionar sobre o feito de que, tanto o rei como o pastor, valoravam mais a estrela que as riquezas que tinham ou que poderiam ter, é dizer que não tudo o material é o mais importante.
A lenda da sopa de pedra
Un frade pobre andaba pedindo esmola e un día foi á casa dun labrador e este negouse a darlle de comer. O pobre dixo que entón ía facer un caldo de pedra pero comezou a pedirlle distintas cousas para botarlle: aceite, sal, verzas e chourizo. O campesino sen decatarse da treta foi accedendo a darlle os alimentos que este pedía e deste xeito foise completando o caldo.
Gostamos muito desta lenda já que o frade comeu tudo o que queria usando a sua inteligência.
Alba, Noa, Sara, Xiana e Antón
4º ESO Português
Antes de entrar na voráxine de exames tentamos buscar un oco para compartir lecturas e impresións sobre libros e películas que suscitan o noso interese. As escollas son tan variadas e plurais como é o alumnado que integra o club. Deste xeito as escollas van dende os clásicos ata as novidades recén chegadas aos andeis da nosa biblioteca, pasando tamén pola banda deseñada (unha opción que conta con moitos adeptos e que se reinventa cada día).
Recollemos algunhas desas propostas lectoras a modo de mostra;
El visitante de la madrugada de Conha López Narváez (1 ESO)
Engurras de Paco Roca (2º ESO)
A rateira e Asasinato no Orient Express de Agatha Cristhie (2 º ESO)
Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz (3º ESO)
Enderezo descoñecido de Kressman Taylor (3º ESO)
Jerónimo e Josefa de José Saramago (sección en portugués de 4º ESO)
Pardalita de Joana Estrela (grupo de portugués de 1º Bach.)
Le racisme expliqué a ma fille de Tahar Ben Jelloum (grupo de francés de 1º Bach)
Pechamos o curso coa excursión do Club de Lectura. A ruta escollida nesta ocasión levounos a Outeiro de Rei para visitarmos a Casa Museo de Manuel María. Alí puidemos escoitar as marabillosas explicacións de Antón que nos achegou á vida e obra do escritor chairego. Despois de visitar a casa onde Manuel María pasou a súa infancia e adolescencia, dirixímonos ata a área de Santa Isabel, un impresionante espazo natural onde conflúen os ríos Miño e Ladra.
Velaquí a crónica audiovisual do día. A música escollida para acompañar as imaxes desta xornada é de Fuxan os ventos, grupo mitico que puxo voz ao fermoso poema de Manuel María que leva por título "O carro".
Se buscas unha novela intrigante con historias de asasinatos non podes deixar de ler A praia dos afogados de Domingo Villar. Conseguirá o inspector Leo Caldas resolver o misterio?
Booktrailers elaborados por Lucía García e Iria Castro.
José Ángel Nouche convida a ler esta interesante historia protagonizada por tres mulleres que, aparentemente, non teñen nada en común.
Antía Seijas recomenda a lectura desta obra clásica da literatura universal en formato booktráiler.
Laura García e Alexandra Tomé elaboraron este suxestivo booktráiler e esta interesante videorecensión sobre o libro de Francisco Castro:
Antía Sánchez (1º Bach B) ofrécenos un suxestivo booktráiler e unha recensión coa súa valoración sobre o libro de Arantxa Portabales. Animádesvos a descubrir o misterio?
Esta é unha novela da autora galega, ainda que nada no País Vasco, Arantza Portabales, quen escribe as súas obras tanto en castelán como en galego. Comezou a súa carreira escribindo microrrelatos e participando en concursos literarios con estas composición. O seu maior éxito ata o momento é a serie policiaca dos inspectores Abad e Barroso, composta por 3 novelas.
Asasinato na Casa Rosa foi publicada o 9 de xaneiro do 2025 en galego e pouco despois en castelán e da comezo á serie Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araujo. Esta obra está incluída dentro do xénero narrativo xa que é unha novela e máis en concreto pode ser clasificada como unha novela propia do subxénero literario do domestic noir, moi propio das novelas da recoñecidísima autora inglesa, Ágatha Christie.
A novela comeza coa morte, no 2020, de Rosa, nai da familia Villamor, entorno a que xira a historia completa. Rosa era a muller de Ulises Villamor un empresario millonario propietario da empresa sanitaria Asisgal, e tamén nai de tres fillos, Álvaro, Ada e Eduardo. A morte de Rosaocorre durante a pandemia e o estado de confinamento en Loeiro, unha pequena vila costeira de Galicia, mentres a familia ao completo, xunto cos dous fillos de Ada e coas respectivas parellas dos dous irmáns maiores, Álvaro e Ada, estaba residindo na gran mansión chamada a Casa Rosa. Catro anos despois, Ulises Villamor recibe unha imaxe que podería ser unha pista que descubrise ao culpable xa que comeza a sospeitar que foi alguén dos ocupantes da casa no momento do falecemento. Por iso decide contratar á inspectora de policía Iria Santaclara, quen se atopa fora de servicio para cuidar ao seu marido que se atopa en coma tras sufrir un ictus. Ao principio, cando recibe esta petición, négase pero este, tras investigar sobre a vida da inspectora, decide pagarlle un tratamento moi caro para axudarlle ao seu marido, polo que Iria, acepta e vai á Casa Rosa a investigar o sucedido. Durante a estancia da inspectora alí, vanse descubrindo segredos de todos os personaxes e facendo que cada un sexa máis misterioso que o anterior ata que a inspectora, con axuda do seu excompañeiro xubilado César Araujo, consegue atopar a causa da morte de Rosa.
Persoalmente esta novela sorprendeume moi gratamente xa que o xénero da novela negra non é un xénero que me atraia especialmente e non me soen gustar este tipo de historias. Porén, esta obra gustoume moito, tanto a trama en xeral coma o xogo que nos da a propia autora ao facernos sospeitar de todos e cada un dos personaxes e darlle un final tan pouco esperadocomo o é o desta novela. Polo tanto, esta obra é súper recomendable para todo tipo de perfil lector xa que é unha obra moi interesante que mestura temas do día a día como son o problema das herdanzas nas familias, a cobiza ou o diñeiro.
Dous booktráilers animan á lectura deste libro que non deixará a ninguén indiferente.
Na xornadas dos Clubes de Lectura tivemos a oportunidade e o pracer de escoitar a Paula Carballeira, a autora homenaxeada este ano. Á interesante lectura de As alumnas engadímoslle a contextualización realizada pola autora que nos comunicou a necesidade de achegarnos á figura de pioneiras como María Barbeito, unha de tantas mulleres que foron adiantadas ao seu tempo e, moitas veces, invisibilizadas de maneira evidente. A literatura e os clubes de lectura son tamén vías de visibilización desas historias que debemos sacar á luz para que o seu traballo non fique no esquecemento.