3 mar 2011

EL TRUEQUE

Ai, dona Emilia
tennos máis que enganchadas!
Acabamos de ler El trueque, onde un pobre home vai perder o lugar onde vive coa súa filla, viúva e que acaba de ter un meniño, por non ter cartos para pagar a renda. Suplícalle axuda ao amo, que mostra un noxento desinterese cara ao pobre home. Cando volta para a súa casa ve á ama de cría que coida o neno do amo. Ofrécese a levarlle o rapaciño ata a súa casa mentres ela conversa co seu home. Cando a ama vai, ó cabo de media hora, recollelo, ten a sensación de que a criatura enfraqueceu. Imaxinacións dela? Non: marcha co rapaz sen saber que o que leva alí, apertado contra ela, é o neto do pobre labrego, que xa non voltará a pasar fame. O fillo do señorito... terá un futuro que nunca poido imaxinar... Que retrato da pobreza e da miseria do espíritu humano. Sentimos a mensaxe como algo lonxano? Pois, tristemente, NON.

No hay comentarios:

Publicar un comentario