
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba no 1947.
É autor de diferentes novelas e libros de relatos como: Contos por palabras, Cartas de inverno, Rapazas, Cos pés no aire, As flores radiactivas, O laboratorio do doutor Nogueira entre moitos outros.
Este escritor recibiu moitos premios pero o máis recente foi o que lle deron en Guadalaxara (México), o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
É o primeiro galego incluído na antoloxía Best European Fiction 2012 pola súa novela O único que queda é o amor, que foi traducida ao inglés por Jonathan Dunne.
Outras obras publicadas recentemente por este escritor son Non hai noite tan longa e Fantasmas de luz.
Máis información en:
http://www.agustinfernandezpaz.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario