Os Fendetestas de 2º ESO lemos o conto "A serpe de pedra" de Agustín Fernández Paz, onde se fala do culto e adoración a este animal. Investigamos un pouquiño sobre este tema na cultura galega e atopamos aspectos moi interesantes que se tamén se recollen no relato de Contos do museo.
En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi símbolo da terra, como noutras rexións do mundo. Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presenza significativa da serpe na cultura do noroeste peninsular. Un exemplo é a foto que amosa un debuxo deste animal atopado no castro de Troña, en Ponteareas. Moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras cunha serpe gravada, quizais para simbolizar que o pecado (serpe) era vencido pola fe cristiá. Segundo a Xénese, a serpe (demo) introduciu o pecado no mundo. En ocasións convive o paganismo co cristianismo en cruceiros coa serpe esculpida. Para algúns historiadores, a serpe é un animal que evolucionou, outros pensan que é un xenio protector da casa e dos seus habitantes, mais todos confirman a existencia dun culto antigo á serpe.
Críase que as serpes non morrían de morte natural, senón que voaban, de vellas, ó río Xordán e despois ó mar. Neste voo podían botar a sombra ás persoas e eran especialmente perigosas para os nenos. As moi grandes facían ruído cando se movían. A mordedura de serpe era moi velenosa e curábase aplicándolle o cu dun polo ou chegando antes á fonte máis próxima, a onde aquela adoitaba ir despois de morder.

Ó ver unha serpe había que matala, porque cando voaban ó Xordán dicían: “Maldito o que me viu e non me matou”. Para matar unha serpe había que facela sangrar. O lume ou a música defendían tamén da serpe.
A serpe é a intermediaria entre este mundo e o outro, entre o mundo oculto e o visible. Ás veces as almas transfórmanse en serpes para peregrinar a algún santuario. A serpe garda os límites entre o mundo enfeitizado e o non enfeitizado.. Podía tomar a forma de persoa ou de animal, dun lobo ou dunha loba. Representa o tempo e a eternidade; neste mundo está suxeita ó tempo, pero é eterna no outro se non morre violentamente.
Recollemos esta información na páxina Galiciaespallada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario