15 jun 2013

AS FRONTEIRAS DO MEDO
















Os lectores máis novos do club de lectura Fendetestas pechamos o curso cunha reunión na que comentamos o relato " A porta do alén" de Agustín Fernández Paz incluído en As fronteiras do medo. A primeira lectura deste curso tamén foi un conto deste libro, concretamente "O enigma do menhir". Este autor foi un dos que máis nos gustou de todos os que lemos dende que comezamos no club de lectura.
Nesta última reunión comentamos este relato e falamos do Samaín e das historias de medo. A verdade é que non todos tiñamos o conto lido, porque con tantos exames...
Tamén falamos do club de lectura e da nosa experiencia ao formar parte del. Case todos dixemos que pertencer ao club axudounos a entender mellor as lecturas e a aclarar moitas dúbidas. Tamén destacamos que foi moi interesante escoitar os comentarios dos compañeiros e compañeiras e as recomendacións de libros que lles gustaran. Descubrimos que temos gustos lectores bastante diferentes: a uns gústanos máis a temática de misterio e a outros os libros con protagonistas da nosa idade e aos que lles pasen cousas coas que nos poidamos identificar.

 Bo verán a todos e felices lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario