
A lectura de Trece anos de Branca pareceunos moi interesante e recomendable. Nas reunións que tivemos para falar deste libro coincidimos en que nos sentimos moi identificados coa protagonista aínda que nunca estiveramos nunha situación semellante.
Algúns dos comentarios feitos no club de lectura foron os seguintes:
Bianca díxonos que lle resultou moi intrigante aínda que botou de menos que houbese máis diálogo.
A Andrea, o libro fíxoa reflexionar sobre a necesidade de dar ánimos ás persoas que están enfermas e a importancia do amor.
A Sara chamoulle a atención que Branca organizase os seus recordos a través das fotos; tamén lle gustou moito a actitude dos amigos.
O amor, a amizade, as dificultades da vida, as preocupacións dos adolescentes son algúns dos temas sobre os que reflexionamos a partir desta lectura. Todos os Fendetestas estivemos de acordo en recomendar este libro aos rapaces e rapazas da nosa idade porque é moi fácil de ler e de identificarse coa protagonista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario