A novela de Xosé Fernández Ferreiro introduciunos na temática da Guerra Civil asociada á forte represión e ás inxustizas cometidas.Os protagonistas desta obra son unha parella de mestres de
ideoloxía "roxa" que están sentenciados de morte por un falanxista do
lugar.

A forte represión sufrida polas persoas que tiñan ideoloxía republicana lembrounos a película A lingua das bolboretas baseada en tres contos do libro Que me queres amor? de Manuel Rivas. No filme tamén aparece a historia dun mestre que ve como o seu mundo se derrumba co alzamento militar do ano 1936. Comentamos como se describía a etapa da 2ª República antes do inicio da guerra e destacamos que nos parecía moi interesante contar con testemuñas da nosa historia a través do cinema e da literatura.
A verdade é que con este libro aprendemos moitas cousas: o que eran os "paseos", a impotencia das vítimas e a gravidade das inxustizas cometidas nesta época.
Agardamos que esta parte da nosa historia non se repita nunca máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario