Na sesión do club de lectura comentamos que a historia gustounos moito aínda que nos resultou un pouco irreal. Chamounos a atención como está tratado o personaxe da nai, xa que se presenta como malévola e un chisco egoísta. A verdade é que a filla é moito máis sensata, equilibrada e educada que a nai. Afortunadamente , ao final da historia todo volve á normalidade, incluída a relación entre as dúas.
A lectura deste libro serviunos para poñer en relación a literatura coa televisión e así lembramos series famosas protagonizadas por bruxas como H2O, Sabrina, Las sirenas de Mako ou a clásica Embrujada.
Precisamente desta última deixámosvos un pequeno vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario